Ardiles, que estivo
acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; a
conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez; o alcalde de
Ourense, Jesús Vázquez, e a directora xeral de Acuaes, Aránzazu Vallejo sinalou
que a nova EDAR corrixirá os problemas estructurales e operativos que presenta
a depuradora actual, en concreto, o elevado risco de sufrir inundacións así
como a súa falta de capacidade.
A nova instalación terá
capacidade para tratar un caudal medio de 72.192 m3 ao día, o triplo da
capacidade da actual planta. Un auga que, unha vez tratada, devolverase ao río
Miño nas condicións adecuadas, o que contribuirá ao mantemento e conservación
das súas ecosistemas asociados.
Sinalar ques esta
actuación inclue a demolición da actual EDAR e o acondicionamento e
revexetación dos terreos nos que se ubica, como parte da recuperación ambiental
e paixsaxistica do espazo da marxe esquerda do río Miño.
A actuación, impulsada
polo Plan CRECE e que conta cun orzamento de 59,29 millóns de euros, está
financiada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a
través de Acuaes, con axudas do Fondo FEDER da Unión Europea a Xunta de
Galicia e o Concello de Ourense.
Está previsto que as
obras terminen a finais deste ano, a continuación iniciarase un periodo de
probas de tres meses que dará paso a un periodo de posta en marcha dun ano.
Na actualidade xa se
executou o 100% das cimentacions e o 95% da obra civil dos grandes elementos
como os dixestores, o pozo de auga bruta, o tratamento primario e os reactores
biolóxicos.
Así mesmo, tense
xestionado a compra de prácticamente o 100% dos equipos e atópanse en fase de
montaxe os tratamentos primario e biolóxico.
Sen dúbida unha obra de extraordinaria importancia e moi demandada polos ourensás, que pronto entrará en servizo.
Sen dúbida unha obra de extraordinaria importancia e moi demandada polos ourensás, que pronto entrará en servizo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta