O Ministerio de
Fomento comunica que hoxe comezan as obras de rehabilitación do firme en varios
tramos da autovía A-52 nos termos municipais da Mezquita e A Gudiña, ambos na
provincia de Ourense.
O orzamento desta
actuación ascende a 301.884 euros.
A autovía A-52 en Ourense
presenta importantes tráficos pesados, de longo e medio percorrido.
Por elo é preciso levar a cabo actuacións de rehabilitación superficial do firme para reforzar as condicións de vialidade.
Por elo é preciso levar a cabo actuacións de rehabilitación superficial do firme para reforzar as condicións de vialidade.
O proxecto contempla, fundamentalmente, a
renovación superficial do firme mediante o fresado e posterior reposición con
mesturas bituminosas en quente naqueles tramos puntuais que presentan maiores
deterioracións.
Contémplase tamén a substitución das xuntas de
dilatación dos taboleiros dos viadutos situados no tramo da autovía A-52
obxecto da actuación e o repintado das marcas viarias nos tramos afectados
mediante pintura termoplástica en quente.
Sen dúbida unha excelente
noticia que era esperada desde hai tempo polos miles de usuarios desta autovía dás
Rías Baixas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta