viernes, 18 de septiembre de 2015

Aprobadas subvencións a Cáritas Española e a Cruz Vermella para fins sociais

Como excelente hai que cualificar a noticia de que hoxe no Consello de Ministro aprobáse a concesión de subvencións, por importe conxunto de 67,6 millóns de euros a Cáritas Española e a Cruz Vermella, con cargo á asignación tributaria do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

En concreto, autorizouse unha subvención de 25,5 millóns de euros a Cáritas e outra de 42,1 millóns a Cruz Vermella, coas que se financiarán 95 proxectos (58 de Cruz Vermella e 37 de Cáritas), en especial programas de urxencia dirixidos á atención das necesidades básicas de persoas e familias en situación de pobreza.

Cáritas Española recibe a subvención para 37 programas a executar en 2016, dos que se beneficiasen unhas 454.000 persoas. Entre os programas que se prevé financiar coa subvención destacan os seguintes:

- Atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria.
- Programas destinados a persoas sen fogar nin aloxamento digno.
- Promoción da educación, sanidade e calidade de vida infantil.
- Adecuación de centros de atención a persoas maiores e persoas con discapacidade.
- Fomento da inclusión activa (acceso ao mercado laboral, garantía de ingresos mínimos e acceso a servizos de calidade como educación, sanidade e vivenda) de persoas en situación ou en risco de exclusión.

Cruz Vermella Española recibe unha subvención para 58 programas dos que se van a beneficiar o ano que vén unhas 420.000 persoas. Destacan os seguintes programas:

- Atención urxente a necesidades básicas.
- Centros de día.
- Atención de inmigrantes.
- Transporte en vehículos adaptados.
- Prevención da exclusión residencial.
- Emprego para persoas vulnerables.
- Atención integral a persoas sen fogar.
- Teleasistencia domiciliaria.
- Apoio en prevención da exclusión escolar.


En total, na convocatoria de 2015 subvencionaron a 470 entidades, por un importe global de 220,98 millóns de euros, o que supón un incremento do 0,3 por 100 respecto ao exercicio anterior. Este ano a contía das subvencións é maior, porque incrementou a recadación.

Lembrar que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade distribúe o 77,72 por 100 da contía asignada para fins sociais como consecuencia das declaracións do IRPF. En 2016, as entidades sociais acometerán, coas subvencións recibidas con cargo ao IRPF, 1.272 programas de acción social, que beneficiarán a máis de seis millóns de persoas no noso país.