jueves, 3 de septiembre de 2015

Constituido o Grupo de traballo para a integración ferroviaria da alta velocidade en Ourense

Destaco a importancia que tivo a constitución onte na sede do Ministerio de Fomento do Grupo de traballo para a integración ferroviaria da alta velocidade na cidade de Ourense.

Reunión que presidiu a ministra  Ana Pastor coa presenza do secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda Julio Gómez-Pomar, o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar.

Nesta reunión foi analizado o estado actual do proxecto da variante exterior,  a previsión de integración do AVE na capital ourensá e o proxecto de actuación na nova estación intermodal Ourense-Empalme,  na que a Xunta xa está a traballar coa estación de autobuses.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta