lunes, 14 de septiembre de 2015

Aena rexistrou en agosto o mellor mes da súa historia en número de pasaxeiros

Hoxe coñecemos que o conxunto de aeroportos da rede de Aena rexistrou en agosto o mellor mes da súa historia en número de pasaxeiros con 24.001.019, o que significa un aumento do 4,7% con respecto ao mesmo mes de 2014. Estes resultados consolidan, ademais, a tendencia de crecementos no tráfico de pasaxeiros que vén producindo continuamente desde hai 22 meses.

Da cifra total de pasaxeiros, 17.334.261 foron pasaxeiros de voos internacionais, o que supón un aumento do 3,9% con respecto a agosto de 2014. Os pasaxeiros nacionais situáronse en 6.598.650, un 7% máis que no mesmo mes do pasado ano. O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas foi a instalación aeroportuaria que rexistrou o maior tráfico de pasaxeiros da rede, con 4.550.487 pasaxeiros, o que se traduce nun 14% máis que en agosto de 2014.

Cos mellores resultados da súa historia nun mes de agosto, o Aeroporto de Barcelona-El Prat, é o segundo da rede ao alcanzar no último mes a cifra de 4.399.719 pasaxeiros, o que representa un crecemento do 3,7%.

Igualmente, o Aeroporto de Alacante-Elxe e os tres aeroportos de Baleares rexistraron o mellor mes de agosto da súa historia en tráfico de pasaxeiros.

O Aeroporto de Santiago pechou en agosto o mellor mes da súa historia, xa que tivo 282.505 pasaxeiros, un incremento do 19,5%.

Pola súa banda, rexistrou un importante aumento na porcentaxe de pasaxeiros en agosto o aeroporto de Vigo (10,2%).

Os datos acumulados dos oito primeiros meses de 2015 mostran un aumento do 5,2% por número de pasaxeiros en toda a rede de Aena con máis de 140,1 millóns. En concreto e por aeroportos, destacan os incrementos da Palma (13,5%), Adolfo Suárez Madrid-Barajas (12%), Sevilla (10,1%) ou Santiago de Compostela cunha subida do 9,2%. A Coruña crece un 3,2 %  e Vigo un 2,3 %. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta