Hoxe tivemos en Santiago de
Compostela una reunión para constituir o Comité de Campaña para as eleccións
xerais do PPdeG, que foi presidida por José Manuel Rey,
director da mesma.
Ao rematar Rey apuntou que o
PPdeG presentarase ás vindeiras Eleccións Xerais cunha campaña que estará
baseada en dúas características: humildade e cercanía.
Segundo as súas palabras, o
Partido Popular na súa xestión, puido cometer erros pero “hai que ter humildade
para saber rectificar, para falar coa xente e explicar que o país está mellor
que hai catro anos”.
A segunda característica será
a cercanía. Con respecto a isto, Rey salientou que a Ponencia política que
aprobarán en outubro establece novos canles de participación onde se implicarán
moi decididamente todos os cargos do partido. “A cercanía resulta esencial
nesta campaña e tamén establecer novas fórmulas para que a presenza dunha gran
maquinaria como o PPdeG poida estar en cada cidade, en cada pequeno concello,
en cada aldea e en cada recuncho de Galicia”, afirmou.
Xa constituído o seu Comité de
Campaña para as próximas eleccións, Rey considera moi importantes estes comicios
porque serven para que os cidadáns fagan balance do que se fixo e expresen
preferencias para os próximos catro anos.
“Todas as campañas son duras e
é necesario explicar o que fixemos e o que imos facer”, engadiu. Segundo
Rey, iso é o que fará o PPdeG nos próximos meses “facer un balance do que fixo
en España e en Galicia e tamén dicir o que queremos seguir facendo para o
benestar dos galegos e dos españois”.
“En España o PP
preséntase como unha opción seria, de goberno e capaz de resolver problemas. Pola
contra, o PSOE preséntase despois de deixar ao país na bancarrota no ano 2011 e
parécenos que catro anos son moi pouca pena para un partido socialista na
oposición”, asegurou.
Con respecto a outras forzas
políticas, Rey recoñeceu que aínda non saben exactamente como van a
concorrer ás eleccións outras formacións pero que si considera que
están facendo encaixes dende un punto de vista partidario e electoral para ver
cómo poden volver. “Nos preferimos falar máis da xente, dos proxectos, do que
facemos e do que imos seguir facendo”, sentenciou.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta