domingo, 6 de septiembre de 2015

Reportaxe na revista Vía Libre sobre o traballo realizado pola Subcomisión de estudo e análise do sistema ferroviario

A Revista Vía Libre, no seu número 599 de setembro de 2015, publica unha ampla reportaxe titulada "Consenso no Congreso: o Ferrocarril, sector estratéxico", no que dá conta do traballo realizado pola Subcomisión de estudo e análise do sistema ferroviario español, creada tras o accidente de Angrois do 24 de xullo de 2013 co fin de traballar para mellorar a seguridade do ferrocarril.

A Subcomisión, na que se desenvolveron un total de 39 comparecencias de expertos, representantes do sector, cargos da administración e sindicatos, aprobou o seu informe final o 30 de xuño de 2015, e fíxoo cun amplo consenso, xa que obtivo 34 votos a favor (GPP, PSOE e CIU), 3 abstencións (PNV, BNG e Compromís) e un único voto en contra de Esquerda Plural. O informe final formula un total de 84 recomendacións e propostas para mellorar o sistema ferroviario en todos os seus ámbitos.

A revista inclúe tamén unha entrevista miña como presidente da Comisión de Fomento do Congreso e coordinador da subcomisión titulada "O ferrocarril é unha aposta que lle saíu moi ben a España".

Nela, recóllense afirmacións miñas como que o documento aprobado "é un documento de síntese, que deixou fóra as diferenzas e que ten a súa base máis sólida no informe da Comisión Técnico Científica presentado o pasado ano que polo seu propio carácter non xeraba discrepancias" e formúlanse tamén desexos como que veña quen veña a próxima Lexislatura considere este informe "como unha referencia que valla para definir a planificación e xestión das infraestruturas".

Na entrevista explico que dende hai algúns anos, en España estamos a cambiar unha rede obsoleta de ferrocarril por unha rede moderna que debe considerase como unha infraestrutura que vai dar servizo durante un século ou século e medio... E iso é un investimento que non debemos ver en clave dun exercicio presupostario ou dous, nin sequera dun lustro ou unha década.

Paréceme que imos na boa dirección. Por iso afirmo: "Eu creo que se introduciu un maior grao de racionalidade nesta lexislatura e que van a continuar esas liñas de actuación de primar a seguridade e a calidade do servizo, e o tempo de viaxe máis que a velocidade nominal".

Na entrevista deixo clara a miña valoración do que foron os traballos da Subcomisión: "Quero agradecer, primeiro a todos os que desinteresadamente teñen comparecido os seus aportaciones, das que aprendemos e que tomamos en conta e recollido nas conclusións, e tamén aos grupos parlamentarios que deixaron un pouco a "camiseta partidaria" fóra da Subcomisión e se centraron no interese polo noso sistema ferroviario".



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta