viernes, 4 de septiembre de 2015

Reflexions sobre seguridade, educación e economía dixital,

Asisto hoxe á denominada Escola de Verán do Partido Popular en terras catalás, concretamente, en Lloret de Mar.

E escoito as moi interesantes mensaxes pronunciadas en tres mesas redondas de grande interese.


Na primeira abordouse o presente e o futuro de "economía dixital" sendo o seu moderador o Vicesecretario Xeral de Organización e Electoral do PP Fernando Martínez Maíllo e foron relatores, Francisco Aranda, Vicepresidente de CEIMAndreu Bru, Director Novas Tecnoloxías de PIMEC e Jorge Fernández, Director de Tecnoloxía HPEnterprise Group Iberia.


A segunda mesa redonda abordou "a educación e o talento claves nun mundo competitivo" sendo o seu moderador o lucense José Manuel Barreiro, voceiro do PP no Senado e foron relatores Iñigo Méndez de Vigo, Ministro de Educación, Cultura e Deporte; Ignacio Pérez Dolset, Presidente de U-tad e Cofundador do Grupo ZedRamón Paredes Sánchez-Collado, Vicepresidente Executivo de Relacións Gobernamentais e Institucionais de SEAT e Ricardo Doval, da Unión Democrática de Estudantes


E a terceira mesa redonda ocupouse dun tema moi transcendente "Seguridade e solidariedade nunha Europa sen fronteiras" na que a moderación foi de Andrea Levy, Vicesecretaria Xeral de Estudos e Programas do PP e na que interveu Jorge Fernández Díaz, Ministro do Interior e José Ramón García, Secretario Executivo de Relacións Internacionais do PP.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta