Salientar que
onte a ministra de Fomento, Ana Pastor asinou xunto a conselleira
de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e os
responsables de Adif, Adif AV, Renfe e Aena, un acordo destinado a mellorar a
conectividade no territorio galego, o transbordo
de pasaxeiros no transporte público por estrada, ferrocarril e vía aérea na
Comunidade Autónoma de Galicia
Para poñer en marcha este convenio, as entidades
que subscribiron o acordo levarán unha serie de actuacións como a promoción de
billetes e outros títulos de transporte dos distintos modos que se poidan
utilizar de xeito combinado entre eles (esta integración non poderá supoñer un
maior custo para o viaxeiro que o que tería en caso de
adquirir os títulos ou billetes separadamente); a coordinación dos calendarios
e programacións horarias dos servizos para propiciar o seu uso combinado por
parte dos viaxeiros (habilitarase un sistema para que os billetes ou títulos de
transporte que se adquiran de xeito conxunto para varios modos se poidan
modificar en caso de alteración da data ou hora de saída dun deles); o impulso
dun mellor acondicionamento dos puntos de parada e outras instalacións que
posibiliten e fagan máis doado para o usuario o transbordo entre os servizos
aéreos ou por ferrocarril e o transporte público por estrada (procurarase a
redución dos desprazamentos e a correcta sinalización dos lugares de
transbordo); e a habilitación de sistemas de información, tanto nas
infraestruturas de transporte coma a través de medios telemáticos ou dixitais,
que faciliten aos usuarios o coñecemento dos diversos medios de transporte
existentes e as posibles conexións dispoñibles para organizar os seus
desprazamentos.
A sinatura do acordo supón a creación dunha comisión de
seguimento, que se convocará de forma inmediata para traballar, contando cos
concellos, na posta en marcha dese billete combinado tren+bus que facilite o
acceso aos aeroportos, a coordinación de horarios e o reforzo da información
aos viaxeiros.
Parabens por esta aposta do Goberno central e galego pola
intermodalidade como vía para avanzar cara a unha rede de transporte integrada
en Galicia, con tres aeroportos coordinados e accesibles a todos os cidadáns.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta