Viaxo esta tarde a Vilavella
para asistir ao acto de cale do túnel da Canda (vía esquerda), situado
entre as provincias de Ourense e Zamora, na Liña de Alta Velocidade (LAV)
Madrid-Galicia. Un fito constructivo que supón un importante avance nas obras
que se levan a cabo no traxecto comprendido entre Lubián e a capital ourensá.
Durante a súa visita, a ministra de
Fomento, Ana Pastor foi a encargada de activar o dispositivo de
voladura controlada de mais de 300 quilos de explosivos
para completar a perforación deste túnel.
Antes
de que remate o mes de setembro está prevista a fin da perforación da outra vía
do túnel, que está a ser unha das obras mais complexas da chegada da alta
velocidade a Galicia na que traballan arreo máis de 300 personas dende o ano
2012.
Tamén comprobou o grado de execución
dos traballos, que se desenvolven conforme ao ritmo previsto para completar a
conexión de Galicia á Meseta por alta velocidade.
Cabe destacar que para 2016
prevíronse investimentos por valor de 1.077 millóns de euros en todo o corredor
Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, o que pon de manifesto o firme compromiso do
Ministerio de Fomento cunha infraestructura clave para o desenvolvemento
socioeconómico da comunidade galega.
O túnel bitubo da Canda (unha vía
por cada tubo) ten unha lonxitude de 7,3 km. O seu trazado discorre polos
términos municipais de Lubián e A Mezquita, supoñendo o nexo entre as
provincias de Zamora e Ourense dentro da LAV.
A estrutura está proxectada para a
instalación de vía en placa, cunha sección libre de 52 m2 en cada tubo.
Ademais, deseñáronse túneles artificiais nos extremos de cada tubo, con
lonxitudes de 20 e 72 m na vía dereita e 18 e 72 m na vía esquerda.
Entre outras instalacións de
seguridade, o túnel conta con 18 galerías de urxencia que conectan ambos tubos
cada 400 m aproximadamente, cunha sección libre de 21 m2.
Ademais, cada 1.500 m existen 4 galerías entre ambos tubos que albergarán instalacións de operación e mantemento. Así mesmo, proxectáronse zonas de rescate en ambos emboquilles, situadas na explanación entre ambas vías.
Unha obra realmente
extraordinaria que executa una UTE liderada pola gran empresa ourensá COPASA.
http://www.crtvg.es/informativos/a-ministra-de-fomento-supervisa-as-obras-do-ave-o-dia-que-se-culmina-a-perforacion-do-tunel-da-canda-1433917
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta