Asisto esta mañá en
Santiago de Compostela a una Xunta Directiva do PP de G no que foi presentada a
Ponencia política do PPdeG
Interveu en
primeiro lugar o coordinador do equipo redactor da Ponencia, José Manuel Rey, e
logo a vicesecretaria de Estudos e Programas do Partido Popular, Andrea Levy.
Pechou o presidente Alberto
Núñez Feijóo que apuntou que o documento
é un exercicio de humildade e autocrítica, un propósito de emenda tentando
aproveitar os acertos e un código de autoesixencia.
Nesa liña, engadiu
que a Ponencia política do PPdeG ven do traballo conxunto do partido e a
sociedade, sendo un resultado pero non un fin.
Lembrou que o 1 de
marzo de 2009 o PPdeG obtivo unha vitoria electoral practicamente sen
precedentes na historia das autonomías recuperando a maioría absoluta en menos
de catro anos. Segundo sinalou, esta maioría ampliouse o 20 de outubro de 2012
cando moi poucos gobernos en toda Europa revalidaban a confianza dos seus
cidadáns, logo de gobernar en plena crise económica.
Para o mandatario
popular, isto foi posible grazas a que souberon conectar coa xente para
responder ás súas expectativas e souberon renovarse para responder ás
esixencias de cada momento.
O líder do PPdeG
asegurou que hoxe plasman no documento da Ponencia política a súa vontade por
seguir estando á altura, ao tempo que recoñeceu que nas pasadas eleccións
municipais de maio non obtiveron todo o apoio que aspiraban ter. Nesa liña,
fixo fincapé en que non podían refuxiarse na vitoria electoral nin podían
quedar paralizados ante a mensaxe que lles deron as urnas.
Segundo Feijóo, á
xente hai que escoitala sempre con humildade, así como sempre deben ser
autocríticos para esixirse máis a eles mesmos. Nese senso, o mandatario
asegurou os populares reaccionaron renovando ideas equipos e actitudes.
Alberto Núñez
Feijóo afirmou que a Ponencia política que hoxe presentaron é o resultado dun
proceso de apertura no partido sen precedentes, de abrirse a novas xeracións,
de contactar coa sociedade civil e da participación e implicación dos
afiliados.
Segundo o presidente
dos populares galegos, o PPdeG é o primeiro partido de Galicia porque con eles
identifícanse os galegos e ségueno sendo co paso do tempo porque saben
evolucionar, actuar, reaccionar e renovarse ao ritmo que lles marca a
sociedade.
Por iso, afirmou
que deben esixirse a eles mesmos a exemplaridade que os cidadáns esixen aos seu
representantes e, como representantes, ser capaces de que os perciban cercanos
á xente e ás súas preocupacións.
Segundo o líder
popular, teñen que saber dar entrada aos mozos no funcionamento do partido
posto que non son un proxecto de futuro senón que son o presente e, por iso,
teñen que aumentar as canles de participación.
Declarou que a xente require dun partido de centro,
reformista e que saiba ser punto de encontro entre diferentes xeracións e
lugares. Segundo Feijóo, ese partido non o hai nin que inventar nin improvisar
porque xa existe e é o Partido Popular.
O presidente quixo
salientar que todo isto non ten nada que ver coa confrontación con outros
pobos, coa división con outras linguas ou con entrar en discusións de
psicanalistas para preguntarnos o que somos no diván da política.
Segundo Feijóo, o
labor dos populares nun momento de dificultade do país é fundamental para
mandar unha mensaxe ao conxunto dos españois que están vendo con interese qué
se está facendo nesta nacionalidade histórica chamada Galicia.
Para o líder dos
populares galegos, o orgullo da condición de galegos non o van empregar para
dividir senón que o farán para entendernos entre nós e cos demais. Así, segundo
recolle a Ponencia, no centro están as persoas e Galicia e isto é algo do que o
PPdeG non se pode desviar.
O líder do PPdeG
afirmou que o seu partido propiciou unha nova etapa no país que require que a
recuperación sexa para todos, empezando por quen máis o precisa.
O mandatario
popular engadiu que se acertaron con políticas que achegaron o país á
recuperación, deben facelo tamén con políticas que acheguen a recuperación á
cidadanía. Nesta liña, apuntou que o primeiro obxectivo é estar ao carón dos
cidadáns que aínda non teñen emprego.
Do mesmo xeito, o
presidente do PPdeG afirmou que teñen que estar preto de emprendedores e
autónomos nas súas iniciativas; das mozas e mozos, con políticas que propicien
máis oportunidades; ao carón das mulleres e homes do mar; do sector primario
galego; e que deben redobrar a súa presenza no medio rural e no sector
marítimo. Ademais, tamén falou da intención de estar cerca dos traballadores
públicos, aos que considera auténticos valedores da calidade dos servizos
públicos e tamén do apoio á sociedade; e próximos ás familias.
Alberto Núñez
Feijóo sinalou que na Ponencia está presente a opinión e os requirimentos dos
cidadáns de Galicia así como políticas concretas “para os galegos desde os
galegos”.
Así, fixo alusión
ás medidas que o documento inclúe e que son de apoio á creación de emprego, aos
sectores produtivos e á mocidade.
Nesa liña,
mencionou que tamén tratan de incrementar as prestación sociais públicas,
intensificar a inclusión social e saber adoptar con acerto aquelas medidas que
agora teñen capacidade para levar a cabo, ademais do apoio ás capacidades dos
traballadores e a baixada de impostos.
En conclusión, o
líder do PPdeG asegurou que do que se trata é de saber recoller con acerto os
esforzos que, segundo as súas palabras, entre todos sementamos para preparar
así o futuro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta