viernes, 2 de octubre de 2015

Baixada moderada en Ourense do paro rexistrado e incremento en Galicia e España

ESPAÑA:

Hoxe coñecemos que o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou no mes de setembro en 26.087 persoas, un 0,64% respecto ao mes de agosto.

Nos oito últimos anos, o paro aumentou máis ou menos no mes de setembro en 54.207 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro reduciuse en 9.746 persoas o mes pasado. A variación mensual do paro desestacionalizado descendeu en 27 dos últimos 29 meses.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 353.608 persoa (-7,95%)s, a maior redución rexistrada en toda a serie histórica nun mes de setembro. A redución interanual do desemprego sitúase no 7,95 %, un ritmo que non se alcanzaba nun mes de setembro desde 1.999.

Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.094.042 persoas.

O desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese en termos interanuais en 50.844 persoas, un ritmo de descenso que alcanza o 12,4%.

O paro rexistrado diminúe entre quen desempeñou a súa última actividade na Agricultura e Pesca, con 12.447 desempregados menos      (-6,41%). Redúcese tamén entre quen procede da Construción en 9.902 persoas (-2,14%); e da Industria en 4.029 desempregados      (-1,02%). Pola contra aumenta entre quen traballara por última vez nos Servizos, en 43.155 (1,62%) e entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, en 9.310 (2,64%).

O paro rexistrado baixa en 7 comunidades autónomas, entre as que destacan Castela-A Mancha (-8.932), Aragón (-2.074) e A Rioxa (-1.386). Sobe, en cambio, nos 10 restantes encabezadas por Andalucía (13.857) e Cataluña (6.881).

GALICIA

O paro rexistrado de Galicia medrou en setembro en 2.005 persoas con respecto a agostoo (un 0,94 %).

O número de parados queda en 215.737, deles 96.855 son homes e 118.882 mulleres, 204.679 son maiores de 25 anos e 11.058 menores.

Por sectores: 7.213 son da agricultura, 26.950 da industria, 25.717 da construción, 137.331 nos servizos e 18.526 do colectivo sen emprego anterior.

Por sectores, o aumento do desemprego mensual concéntrase exclusivamente no sector servizos (+3.260), debido ao remate da tempada estival, mentres que descende nos restantes. Destaca especialmente o bo comportamento da construción (-753) e da industria (-357), sectores que non están tan condicionados polo final do verán. Tamén baixa no colectivo sen emprego anterior (-73) e na agricultura e a pesca (-72).

Por provincias, o desemprego incrementouse en todas elas, agás en Ourense, onde baixa en 58 persoas. Aumenta especialmente en Pontevedra (+1.391), seguida por Lugo (+492), e A Coruña (+180).

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 22.466 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,43 %. É a segunda maior baixada interanual dun mes de setembro de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.

OURENSE

Baixa o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 58 persoas, un -0,25 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 1.811 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,15 %. 

O número de parados queda en 23.506, deles 10.359 son homes e 13.147 mulleres, 22.171 son maiores de 25 anos e 1.335 menores.

Por sectores: 1.042 son da agricultura, 3.197 da industria, 2.729 da construción, 14.318 dos servizos e 2.220 do colectivo sen emprego anterior.

A baixada do paro en ourense, contrasta co incremento en Galicia e no conxunto do Estado.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta