Como dicía na anterior entrada onte viaxei
desde Madrid a Toledo nun tren Alvia e puiden coñecer a estación da capital de
Castela a Mancha, que me chamou a atención pola súa beleza.
Documéntome e vexo que é obra do arquitecto
Narciso Clavería, Marqués de Manila, foi
inaugurada en 1919 e restaurada en 2005 con ocasión da chegada da alta
velocidade.
É de estilo neomudéjar e está declarada Ben de
Interese Cultural coa categoría de monumento
desde 1991.
Chama a atención o impresionante vestíbulo
interior no que se evidencian artes decorativas a base de rejerías, yeserías,
artesonados, vidreiras, cerámicas, mobiliario, lámpadas, etc. E é espectacular
o forxado do despacho de billetes.
Sen dúbida esta estación está a altura da moumentalidade de Toledo, sendo un bo expoñente da categoría do rico
legado patrimonial da arquitectura ferroviaria española.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta