martes, 27 de octubre de 2015

Disolto o Congreso dos Deputados e o Senado e convocadas eleccións para o 20 de decembro

Publica hoxe o BOE o Real Decreto 977/2015, do 26 de outubro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións. 

Este real Decreto de acordo co disposto no artigo 115 da Constitución e de conformidade co previsto no artigo 42.1 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do  Réxime Electoral Xeneral, a proposta do Presidente do Goberno e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 26 de outubro de 2015, dispón a disolución do Congreso dos Deputados e do Senado. 

Tamén dispón a convocatoria de eleccións a ambas as Cámaras, que se celebrarán o domingo 20 de decembro de 2015. 

Tamén determina o número de Deputados correspondente a cada circunscrición, a duración da campaña electoral - quince días- comezando ás cero horas do venres 4 de decembro e finalizando ás vinte e catro horas do venres 18 de decembro. 

E finalmente determina que celebradas as eleccións convocadas por este real decreto, as Cámaras resultantes reuniranse, en sesións constitutivas, o día 13 de xaneiro de 2016, ás dez horas.

O desenvolvemento destas  eleccións rexerase pola Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, e a súa normativa de desenvolvemento. 

Desde hoxe vela polos poderes do Congreso, á Deputación Permanente, da que formo parte como deputado suplente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta