sábado, 31 de octubre de 2015

Feijoo:" O PP é o único partido coa firmeza e credibilidade necesarias para plantarlle cara á crise territorial"

Hoxe tivo lugar en Vigo un acto do PPdeG do programa #CumPPlimos, no que interveu Ana Pastor e Pablo Casado e que foi clausurado por Alberto Núñez Feijóo, que asegurou “que o PP é o único partido coa firmeza e credibilidade necesarias para plantarlle cara á crise territorial, como foi o único capaz de afrontar a económica”.

Segundo o presidente do PPdeG, España non merece que triunfe nin o voto do perdón aos que levaron o país á peor crise económica, nin tampouco o voto da condescendencia co que sementou coa súa irresponsabilidade a crise territorial. 
Así mesmo, o líder popular sinalou que os populares demostraron nos últimos catros anos que teñen un proxecto económico, un proxecto social e un proxecto político para o noso país. 

Así, lembrou que se no Nadal de 2011 se estivo pendente de se a crise económica se ía levar España por diante, agora non desexa que este Nadal o pasemos pendentes de se o que vai levarse España por diante é unha nova crise económica ou unha crise territorial. 

Feijóo asegurou que o que quere é que se siga falando de recuperación do emprego, da calidade de vida dos cidadáns, de oportunidades, da confianza na política e da recuperación da unidade de España, algo que só é posible co Partido Popular. 

Asegurou que se outros partidos non poden facer balance da súa xestión económica é porque, no peor momento de España, renunciaron a traballar polo seu país. Deste xeito, afirmou que mestres estes adiantaron as eleccións e practicamente se  fugaron do Goberno deixando España ao borde do rescate e deixando España ata sen presupostos, os populares facían política, pero só nunha comunidade, porque non tiñan proxecto para España. 

Por outra banda, o líder do PPdeG matizou que o balance dos populares non é dicir que todo o fixeron ben, nin dicir que xa está o traballo rematado, senón  que é dicir que fixeron todo o posible, aínda que fose difícil, ou mesmo impopular, e que grazas a iso hoxe España está nunha mellor situación que hai catro anos e ten un horizonte moito máis esperanzador. 

Como engadiu, os populares lograron que se deixara de falar do crecemento do paro, para falar de creación de emprego; que se deixara de cuestionar a viabilidade dos servizos públicos para continuar mellorándoos; que fose posible deixar de falar da prima de risco para poder volver a valorar España fóra.

Do mesmo xeito, fixo fincapé en que a redución de presupostos deu paso á recuperación das contas públicas e, por conseguinte, a camiñar cara a recuperación dos cidadáns. 

Así, Alberto Núñez Feijóo puxo de manifesto que todo o que fixeron os populares foi pensando soamente nos cidadáns e cre que valeu a pena tanto en España como en Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta