Asisto onte pola tarde no Auditorio de Ourense, á Gala de entrega da segunda edición dos premios Ramón
Puga que concede Radio Ourense- Cadea SER.
Foron entregados, en teatro infantil, en teatro para Educación Especial ( de extraordinario mérito), en educación
viaria a través do teatro e en teatro xeral. Uns premios que foron coordinados
exitosamente por Fernando Gabelo.
No apartado de teatro para adultos, á mellor
dirección o premio foi para Manuela Casal, pola obra “Unha rosa é unha rosa”,
do grupo de teatro Barbaña. O Mellor actor premiado foi o carballiñés Pepe
Prada, polo seu papel de “O Borrachiño” na obra “Club PK2”, do grupo Tiruleque
Teatro. A Mellor actriz premiada foi Caste Díaz, polo seu papel de “Uxía” na
obra “Aproximación á muller nociva”, do Grupo de Teatro Barbaña. E o premio á
mellor obra: recaeu no “Club PK2”, do Grupo Tiruleque Teatro, texto de Pepe
Prada.
Tamén foron entregados
premios honoríficos: a Alejandro
Outeiriño (a título póstumo, recollido pola súa filla Maribel Outeiriño), polo
seu labor de defensa e difusión da cultura ourensá desde o xornal La Región; a
Marisa Calvo, por ser unha figura destacada e promover o teatro ourensán por
toda España desde o grupo de teatro Vale Inclán; a Mariluz Villar, pola súa
gran traxectoria como directora de teatro, ademais do seu labor profesional
como xornalista e escritora, ao ex Deán da Catedral Serafín Marqués, pola súa
contribución á cultura e a poesía de Ourense, e a Luisa Martín, actriz de fama
nacional, traballando en teatro, cinema e series de éxito, como o seu lembrado
papel de “A Juani” da serie “Médico de familia”, por toda a súa traxectoria.
Na gala tamén se realizou
unha homenaxe "In memoriam" a Loly Buján e María Teresa Branco e
entregáronse os premios de Mellor Novela a “Na frontera”, de Vicente Donoso, e
novela finalista a “Casa de vecinos”, de Eugenio Feijóo.
Un acto perfectamente organizado, presentado con mestría por Fernando Gabelo, Pepe Gonzélez e Milucha Rodriguez e no que gozamos da actuación musical de Daniel Minimalia, Silvia Alonso e a coral Os Vellos Amigos.
Un acto perfectamente organizado, presentado con mestría por Fernando Gabelo, Pepe Gonzélez e Milucha Rodriguez e no que gozamos da actuación musical de Daniel Minimalia, Silvia Alonso e a coral Os Vellos Amigos.
Parabens á familia de Don Ramón Puga, e como dixo Julio Aragón Valencia, "ata o vindeiro ano".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta