Esta mañá foi presentado no Ministerio de Industria, Enerxía e
Turismo Plan de Relanzamento da Industria Eólica (PRIE) co que se quere
potenciar a industria eólica que é un sector estratéxico tanto en España como
en Europa, con empresas españolas en toda a cadea de valor da industria, cun
elevado perfil tecnolóxico e gran capacidade exportadora. Está ben situada para
ter un papel relevante no cambio da estrutura económica nacional cara a un
modelo de futuro orientado á creación de valor e o recoñecemento da calidade
dos produtos españois nos mercados internacionais.
O Plan de Relanzamento da Industria Eólica (PRIE) contén unha
serie de medidas específicas, acordadas entre o sector eólico e o Goberno,
encamiñadas a dinamizar o mercado interno, aumentar a capacidade exportadora e
a presenza internacional das empresas así como potenciar a I+D+i.
O PRIE confórmase como un conxunto de 15 medidas agrupadas ao
redor de tres eixos principais: Medidas para o desenvolvemento industrial,
medidas de impulso ás exportacións e á presenza internacional e medidas para
favorecer a I+D+i.
Co desenvolvemento deses tres eixos do PRIE, perséguese un
triplo obxectivo: Mellorar a capacidade produtiva do sector eólico, asegurar o
acceso da industria aos mercados internacionais mediante produtos competitivos
e de calidade e potenciar a I+D+i para continuar á vangarda tecnolóxica.
Esta acción encádrase dentro das actuacións da Axenda para o
fortalecemento do sector industrial en España aprobada polo Goberno e que
recolle entre os seus obxectivos potenciar sectores con alto valor tecnolóxico.
Con este fin o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Ministerio de
Economía e Competitividade colaboraron para debuxar as liñas futuras de acción.
Segundo explicou o presidente da Asociación Empresarial Eólica
(AEE), a aplicación do PRIE pode supoñer un incremento do 35% do valor das
exportacións do sector ata unha media anual de 3.000 millóns en 2020; a
creación de 3.500 novos postos de traballo industriais; unha recadación fiscal
adicional de entre 30 e 40 millóns anuais; ingresos á seguridade social por
valor de 35 millóns ao ano; e o impulso ao cumprimento dos obxectivos
vinculantes do 20% da demanda bruta de enerxía no ano 2020.
España é o terceiro país de Europa en fabricación de
aeroxeradores e o quinto a nivel mundial. Ademais, é o terceiro exportador
mundial de aeroxeradores.
O efecto tracto da eólica é dos maiores porque en España
desenvólvense todas as actividades da cadea de valor (promoción, construción,
fabricación e servizos). O sector conta con 195 centros de fabricación en doce
comunidade autónomas e crea cinco veces máis emprego que as tecnoloxías
convencionais de xeración.
Existen 12 centros de investigación e 14 universidades con
actividades no sector. Todo iso provoca o mantemento dos estándares de
produtividade competitivos internacionalmente.
Na
actualidade hai 1.077 instalacións eólicas en preto de 800 municipios, que
provoca un probado efecto revitalizador nas comunidades rurais nas que se
instala.
Salientar
que o actual Goberno galego aportou seguridade ao desenvolvemento da eólica en
Galicia.
Como dicía hai poucas datas no Parlamento de Galicia, o conselleiro
Francisco Conde ese traballo supuxo en primeiro lugar a anulación dun concurso
eólico “cheo de sombras”, o do bipartito, cuestionado polo TSXG, que avalou a
súa anulación en 12 sentenzas; polo Consello Consultivo, que observou trazas de
ilegalidade; polos 55 recursos presentados contra a resolución; polo presidente
da Xunta naquel momento; e polos membros da comisión de avaliación do concurso,
que abandonaron o procedemento.
Para garantir unha seguridade xurídica plena ao sector eólico, e
en resposta a un compromiso electoral do propio presidente, o goberno galego
suspendeu primeiro, e anulou despois, ese concurso. Fronte á inseguridade
xerada polo reparto eólico do bipartito, sinalou Conde, o actual Goberno galego
traballou para recuperar o tempo perdido. Froito dese traballo aprobou a Lei
8/2009, que establece un canon eólico, a pagar polas empresas promotoras,
grazas ao que se recadaron 137 millóns de euros que están a beneficiar aos
concellos galegos.
A ese texto se sumou o novo concurso en 2010, no que o Goberno
actual primou a obxectividade, a transparencia e a seguridade xurídica,
reforzando o investimento e a creación de emprego. E pese a unha situación
complexa, no marco actual da reforma eléctrica, o concurso eólico galego
continúa avanzando, coa tramitación do 85% dos megavatios do concurso, e a
autorización de 11 parques, que suman 254 MW e un investimento de case 400 millóns
de euros.
Un efecto positivo ao que se engaden os plans industriais asociados,
que están a desenvolver as empresas adxudicatarias, e que suman máis de 800
millóns de investimento e 1.800 postos de traballo, máis da metade dos
comprometidos ata o 2020.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta