Hoxe interveu o presidente Mariano Rajoy en South Summit 2015, un encontro entre emprendedores e investidores que se celebra en Madrid, e alí dixo que para crear dous millóns de empregos nos próximos anos, "manteremos as políticas económicas, baixaremos os impostos e daremos facilidades aos emprendedores" porque son eles "quen xera benestar, riqueza e postos de traballo".
Citou algunhas das numerosas medidas adoptadas polo Goberno para impulsar os proxectos de profesionais e emprendedores, destacando tres especialmente: a Lei de Emprendedores, a "innovación" no Imposto de Sociedades e a Lei de Segunda Oportunidade.
Rajoy apuntou que detrás de todas esas decisións "descansa unha meditada filosofía de impulso ao voso éxito e de confianza plena nas vosas capacidades".
E agregou : "Nos bos e nos malos momentos teredes sempre ao voso país detrás.
Teredes ao voso lado a un goberno orgulloso de vós e consciente de que o horizonte da sociedade está ligado ao voso"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta