sábado, 24 de octubre de 2015

Na visita as obras do futuro centro de saúde do Couto

Recibimos hoxe en Ourense a visita do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, coa finalidade de inspeccionar as obras do futuro centro de saúde do Couto, unhas instalacións que unha vez en funcionamento poderán atender a unha poboación de ao redor de 18.500 persoas.

Jesús Vázquez Almuíña destacou que “esta obra, como tantas outras que estamos a facer, espalladas por toda a nosa xeografía, enmárcase nunha das liñas da Estratexia do Sergas: modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria” e neste senso remarcou que “estas instalacións, completamente novas, van facilitar a actividade dos nosos profesionais e, como antes indicaba, redundarán en beneficio da cidadanía de Ourense á que prestará asistencia”.
O edificio, ten un prazo previsto de execución de 14 meses, conta cun investimento de 3,2 millóns de euros e a superficie que se construíu é de 2.700 metros cadrados.

Dispón de catro andares e 14 consultas na área medicina xeral, enfermería, matrona, farmacia, odontoloxía, fisioterapia, sala de técnicas, sala polivalente, consulta de urxencias, consulta da muller, dúas consultas na área de pediatría, traballador social, ademais de área de admisión e todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento do centro.


A obra de construción comezou o pasado mes de febreiro, coa formalización da acta de comprobación de replanteo. Esta obra enmárcase nunha serie de 15 centros de saúde, e xa se iniciou a obra en 13 deles nos últimos meses.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta