lunes, 19 de octubre de 2015

Os Orzamentos da Xunta para 2016 medran un 4,3% para elevar investimentos, aumentar gasto social e levar a recuperación a todos os fogares


Salientar a aprobación hoxe polo Consello da Xunta do Proxecto de Lei de orzamentos xerais de Comunidade Autónoma de Galicia para 2016.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa, acompañado do  Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, subliñou  que poñen a disposición dos cidadáns 400 millóns de euros máis, e acreditan que a responsabilidade dos últimos anos foi útil para que Galicia estea agora en condicións de seguir reducindo o desemprego e de facer medrar a súa economía; e para dirixir a recuperación das contas públicas á recuperación dos galegos e das galegas.

Feijóo asegurou que os galegos que máis o precisan terán máis medidas de apoio á súa disposición; que pagarán menos impostos; que as familias con nenos terán máis axudas que nunca; que as persoas en situación de desemprego e os emprendedores contarán tamén con máis liñas de apoio; e que os servizos públicos seguirán asegurados a todo risco porque contarán con máis presuposto para seguir mellorando as súas prestacións.
O mandatario galego salientou que, despois de catro anos de presupostos á baixa e dous nos que a Xunta foi quen de estabilizar o gasto, hoxe por primeira vez desde que comezou a crise o Goberno galego presenta uns orzamentos expansivos; é dicir, que medran de forma significativa porque supoñen un 4,3% máis de recursos que as contas de 2015. “Alcanzamos a recuperación das contas públicas desde a estabilidade das contas públicas”.
Feijóo salientou que a marxe presupostaria dispoñible permite que sexa aproveitada en exclusiva para a recuperación das galegas e os galegos. Nese sentido, remarcou que Galicia seguirá cumprindo co control do déficit o vindeiro ano, co obxectivo marcado do 0,3%; e que o recurso á débeda en 2016 reducirase a menos da metade. 

Na mesma liña, subliñou que no próximo exercicio Galicia seguirá mantendo un período de pago razoable a provedores; e que os gastos financeiros en 2016 baixan máis dun 19%.

Resumo do seu contido:

Os Orzamentos medran un 4,3% e ascenden ata os 8.804 millóns de euros.

A maior baixada fiscal da Autonomía terá un impacto de arredor de 140 millóns.

O gasto non financeiro aumenta en 365 millóns, ao que se suman os 65 millóns de euros de aforro en xuros da débeda grazas á boa xestión.

 O Goberno galego revisa á alza o crecemento da economía galega para 2016, que será do 2,5%, mentres que a taxa de paro baixará case 2 puntos.

Os investimentos medran un 14%, o gasto en sanidade e educación aumenta en case 200 millóns de euros, e os fondos para políticas de emprego crecen un 15%.

No eido social, a Xunta destinará 324 millóns á dependencia para incorporar 10.000 novos beneficiarios, e dedica 20 millóns ao plan de loita contra a desigualdade.

Os Orzamentos inclúen unha tarxeta familiar de 100 euros mensuais por neno nado a partir do 1 de xaneiro de 2016.

A rebaixa do IRPF beneficiará o 98,5% dos contribuíntes e permitirá un aforro de ata 380 euros por persoa.

Os empregados públicos terán un incremento salarial do 1% e recuperarán o 50% restante da paga extra de 2012.

As contas aprobadas hoxe polo Executivo galego garanten de novo a redución do déficit e o cumprimento do obxectivo de estabilidade para 2016, fixado no 0,3%.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta