Destaco do Pleno do Parlamento de Galicia
celebrado hoxe as respostas dadas na sesión de control polo presidente
do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientando que Galicia é a Comunidade
Autónoma coas deducións fiscais máis altas de España para favorecer a
natalidade; é dicir, para as familias que contan con nenos e nenas de entre 1 e
3 anos. Segundo dixo, o Goberno galego está plenamente comprometido coas
familias que queren ter fillos para que Galicia sexa “o lugar máis doado para
ter fillos, tanto desde o punto de vista fiscal, como desde o punto de vista da
axuda directa e dos servizos públicos”.
Feijóo
subliñou o compromiso do Goberno galego coas políticas de natalidade; con
medidas como a posta en marcha do bono de gardería, o coidador no rural ou a
tarxeta familiar. Ademais, destacou que se incrementaron nun 71% as prazas en
escolas infantís públicas e se activaron axudas para o transporte público ou a
vivenda para as familias que máis o precisan.
O
presidente sinalou de igual modo, que o plan demográfico presentado pola Xunta
leva executado o 61% das propostas, e que Galicia está actualmente a liderar o
foro das Comunidades Autónomas españolas polo desafío demográfico, no que
participan Asturias, Extremadura, Castilla y León, Castilla- La Mancha e Aragón.
Tamén, indicou que estamos a traballar xunto coas rexións da UE, para que a
nivel europeo os fondos europeos teñan en conta os problemas demográficos.
Por
outra banda, o presidente da Xunta subliñou que a consellería na que máis se
incrementa o presuposto, en termos relativos, neste 2016 é a de Sanidade, o que
demostra que a Xunta volve poñer a sanidade pública non só como primeiro
obxectivo de goberno senón tamén como obxectivo prioritario de gasto público en
Galicia.
Tamén quero resaltar
a intervención nese Pleno da conselleira de Infraestruturas
e Vivenda Ethel
Vázquez destacando que Xunta incrementará nun 40% as axudas á vivenda o
vindeiro ano.
A
conselleira explicou que a Xunta decidiu plasmar esta aposta e compromiso no
Plan rehaVita, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora de acceso á
vivenda 2015-2020. Trátase do primeiro plan autonómico de vivenda, que
beneficiará a máis de 152.000 cidadáns galegos e suporá un investimento de 600
millóns de euros dos que a Xunta achega máis da metade.
Ethel
Vázquez adiantou que o orzamento do próximo ano en materia de vivenda servirá
para afianzar o programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias,
que garante unha vivenda a todos os afectados que o soliciten e que cumpran os
requisitos. Engadiu que tamén contribuirá a evitar os desafiuzamentos por
impago do alugueiro a través do Bono de Aluger Social: a convocatoria de 2015
prevía axudas por importe máximo de 1,02 millóns de euros, mentres o orzamento
para 2016 prevé unha convocatoria por 1,5 millóns, un incremento de máis do 47
%.
Vázquez
indicou que a Xunta poderá seguir paralizando desafiuzamentos grazas aos
convenios asinados coas entidades financeiras, entre eles a maior entidade
financeira de galicia, que se teñen comprometido a non botar da súa casa a
aquelas familias que non poidan pagar por causas económicas.
O IGVS
porá a disposición de administracións públicas ou entidades sen ánimo de lucro
que leven a cabo actividades de carácter social, para que as xestionen en réxime
de arrendamento ou outras formas de ocupación, destinadas a atender a persoas
que requiren unha especial atención.
Ademais,
no vindeiro ano, o orzamento para rehabilitación incrementase en máis dun 54%,
incluíndo unha partida de 23,6 millóns de euros. Mantéñense as Áreas de
Rehabilitación Integral, uns convenios, que onte mesmo asinaron Ministerio,
Xunta e 38 concellos beneficiarios e que van permitir investir máis de 36
millóns de euros e contribuír á rehabilitación de case 2.000 vivendas, entre elas,
as situadas nos concellos da área de rehabilitación integral do Camiño de
Santiago.
A conselleira tamén abordou a subsidiación dos préstamos hipotecarios, dos que
precisou que son axudas creadas, financiadas e suprimidas polo Estado.
Vázquez manifestou que a Xunta
defendeu os intereses dos beneficiarios e xestionou a axuda e a solución con
absoluta dilixencia seguindo a lexislación correspondente. Concretou que o
problema derivaba dun criterio interpretativo do Ministerio de Fomento que
suprimía a posibilidade de solicitar prórrogas na subsidiación dos préstamos de
vivendas protexidas de planes anteriores ao 2009-2012.
Ante
esta situación, levouse a cabo unha proposición non de lei para instar a
modificar ese criterio e remitíuselle un escrito á ministra de Fomento
trasladándolle a preocupación. En agosto de 2014, Fomento remitiu ao IGVS un
novo criterio interpretativo referido á renovación das subsidiacións destes
préstamos.
Nese
mesmo mes de agosto de 2014 o Instituto Galego da Vivenda e Solo comezou a
revisión de todas as resolucións denegatorias: concretamente 1.785 resolucións.
As novas resolucións foron remitidas aos interesados conforme se foron ditando
e hai meses que as comunicacións están xa en mans destes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta