O Congreso dos Deputados votará mañá as emendas do Senado ao
Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2016. Se a Cámara Baixa dá
o visto e prace aos cambios, as contas para o próximo ano quedarán
definitivamente aprobadas.
Tamén se debaterán tres mocións. En primeiro lugar,
debaterase a moción presentada polo Grupo Vasco sobre "a actitude
entorpecedora" do Goberno español cara ao exercicio e desenvolvemento do
autogoberno vasco en materia de seguridade. A continuación, debaterase a moción
de UPyD sobre a oficialidade do castelán como lingua común, e unha moción
presentase por ERC (Grupo Mixto) relativa ás perspectivas do Goberno sobre o
futuro de Cataluña.
O mércores, desde a 09,00h, terá lugar a Sesión de Control,
a última da X Lexislatura, coas preguntas dos grupos parlamentarios aos membros
do Goberno.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta