Vexo hoxe por televisión e desde o meu despacho no Congreso a
intervención do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia e no marco do Debate
sobre o Estado da Autonomía.
Nunha longa intervención sinalou
que “a recuperación das contas públicas se destinará á recuperación dos
fogares” coa maior baixada de impostos nuns orzamentos e maior apoio directo ás
familias.
O
obxectivo é responder ás demandas populares de que os efectos da recuperación
cheguen a todos os fogares, que se siga creando emprego, que se fortalezan os
sectores primarios e que o impulso social e económico se complete tamén cun
impulso territorial.
Lanzou
a todos os galegos e galegas a mensaxe de que “Galicia ten futuro” e “é dona do
seu futuro”, por iso, “eu procuro estar atento ao que Galicia diga”.
Lembrou
que o Goberno galego procurou dar respostas ás demandas dos cidadáns e así
evitou os problemas derivados do déficit, controlou a débeda, mantivo e
mellorou os servizos públicos esenciais- aos que hoxe se destinan 8 de cada 10
euros dos orzamentos- e blindou o autogoberno.
Asegurou
que a intención do Goberno galego é seguir dando respostas reais no novo
contexto ao que Galicia se dirixe a través de “novas políticas e novos equipos
que se adecúen ás novas demandas e ás novas aspiracións da xente”. Con respecto
a isto, asegurou que “escoitar aos galegos é un exercicio preceptivo e
vinculante para calquera goberno” e ese compromiso de seguir facéndoo ten o seu
reflexo na renovación do Executivo autonómico, “concibida para unha situación
económica e social que tamén está cambiando”.
Tamén
fixo fincapé en que os Orzamentos para 2016 serán outro punto de inflexión para
conseguir todos eses obxectivos, posto que “contarán cun aumento significativo
de recursos” respecto ao exercicio actual, tratándose pois do “maior incremento
orzamentario desde 2008, en coherencia coa mellor situación na que nos
atopamos”.
Dixo que o Plan contra a desigualdade
económica sumará novas medidas ás xa aprobadas contra desafiuzamentos e de
apoio a escolares con familia en dificultades
O 99% dos galegos non pagarán sucesións e doazóns en
familiares ascendentes, descendentes e cónxuxes, porque quedarán exentos deste
tributo os primeiros 400.000 euros de herdanza para todos
A Xunta traballará por que Galicia sexa o lugar con
maiores atencións públicas sanitarias e sociais á infancia, con medidas como
axudas directas para todas as nais e pais na manutención e crianza dos fillos
O Goberno galego concretará nos orzamentos do próximo ano
2016 un programa de impostos cero no rural, que suprimirá os tributos da xunta
nas transmisións de solo rústico.
Avanzou o Presidente da Xunta, axudas ás
familias; axudas directas á infancia; unha rebaixa da presión fiscal nalgúns
tributos que máis penalizan ás clases medias; unha aposta por uns servizos
públicos mellor financiados e máis modernos; e con iniciativas para a
vertebración do territorio e do noso tecido produtivo, apoiando aos nosos
sectores básicos como son o rural, a pesca, o sector industrial ou os
servizos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta