miércoles, 18 de noviembre de 2015

"30 partidos, 30 vitorias": un gran documental de Carlos Bermello, sobre a fazaña de Club Deportivo Ourense

Onte estiven a última hora da tarde ao Teatro Principal, para visionar o documental "30 partidos, 30 vitorias", que nos lembra a gran fazaña deportiva de Club Deportivo Ourense que na tempada 1967-1968, na que gañou os 30 partidos da competición de liga.

Un documental proxectado no marco da programación do XX Festival de Cine de Ourense.

Uns feitos dos que fun testemuña directa, pois aos meus nove anos acudía regularmente todos os domingos ao estadio do Couto co meu irmán maior e o meu querido tío Camilo. 

Alí gozabamos moitísimo con aquel gran equipo dirixido por Fernando Bouso e integrado por Roca, Varela, Astigarrraga, Paredes, Angel, Pito, Cortes, Seara, Carballeda, Pataco e Tunez. 

Algúns destes futbolistas, estaban onte no teatro e pudien saudalos, así como a directivos do Club, é xogadores, adestradores, afeccionados, etc.

O documental rememora o Ourense daquela época, a súa vida social,  festiva, cultural, política, empresarial, urbanística, etc. entrevistando a moitos dos protagonistas

As miñas felicitacións ao director deste documental Carlos Bermello Arce, un xornalista que nos sorprendeu a todos cun excelente traballo audiovisual, que evidencia as súas grandes calidades profesionais e humanas. 

Moitas felicidades Carlos polo cariño amosado por Ourense e os ourensáns.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta