sábado, 28 de noviembre de 2015

Coa Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense

Co presidente de ATAVE, Manuel Álvarez Gil
Asisto hoxe en Santa Cruz de Arrabaldo nunha comida de confraternidade organizada pola Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE).

Fundada en 1977 por Don Luis Aragonés, foi á primeira agrupación empresarial da provincia de Ourense inscrita no Rexistro de Asociacións Profesionais e Empresariais.

Destaca pola formación de alta calidade e realizada con total seriedade no seu centro do Cumial onde se imparten entre outros, cursos de Responsable Técnico de Taller, de formación ocupacional dirixidos a mozos desempregados, de Reciclaxe onde se poden reconverter e actualizar todos os traballadores e empresarios integrados en ATAVE.


Tamén resulta de moita utilidade o servizo técnico do Centro de Diagnose que ten como misión resolver todas as posibles dúbidas que se lle formulen no momento dunha reparación.


Presídea dende hai moitos anos Manuel Álvarez Gil, que é un grande profesional e excelente persoa, que dirixe unha Xunta Directiva que defende con eficacia os intereses comúns.


Nesta ocasión celebraron a boa nova de ter adquirido en propiedade o seu centro do Cumial, sufragado polas aportacións igualitarias dos numeosos asociados.

!Parabens a todos eles!


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta