Onte pola tarde coñecemos
que o Comité Electoral Nacional do Partido Popular, recibiu as propostas dos
cabezas de lista ao Congreso dos Deputados aprobadas polos comités electorais
provinciais.
A lista contén un 61,5% de renovación e un 29% de mulleres cabezas
de lista.
O PP comezou a aprobar os
números 1 ao Congreso dos Deputados para as próximas eleccións xerais do vindeiro vinte de decembro,
unhas listas entre as que hai algunhas novidades pero sobre todo moitas
renovacións.
En Galicia, o Partido
Popular decidiu renovar aos cabeza de cartel de dous das catro provincias -A
Coruña e Ourense-, de modo que Ana Pastor, repetirá como número uno por Pontevedra
e Joaquín García Díez á fronte da candidatura de Lugo. Na Coruña liderará a
candidatura Miguel Lorenzo e en Ourense
Miguel Ángel Viso Diéguez.
Felicitacións a todos eles
e moi especialmente ao novo primeiro candidato da miña provincia, unha persona de grandes cualidades humanas e profesionais e que é o actual
presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta