Hoxe o Partido Popular
inicia hoxe a súa campaña “30 días, 30 respostas”, que pode seguirse na páxina
web www.participaenserio.es.
Trátase de 30 vídeos, dun
minuto de duración cada un, que dan resposta a preguntas formuladas polos
cidadáns.
O primeiro contesta á
pregunta ¿Era necesario tanto sacrificio para saír da crise?
Na súa resposta, o PP lembra que cando chegou ao Executivo en 2011, en España destruíase máis da metade dos postos de traballo de Europa.
Na súa resposta, o PP lembra que cando chegou ao Executivo en 2011, en España destruíase máis da metade dos postos de traballo de Europa.
As pensións estaban conxeladas. O país
atopábase ao bordo da quebra e as administracións non podían facer fronte ás
facturas escondidas nos caixóns.
Tras catro anos, grazas ás reformas do Goberno
de Mariano Rajoy e ao esforzo realizado pola sociedade española, a metade dos postos de
traballo creados na Zona Euro créanse no noso país, a economía española é a que
máis crece en Europa, e Rajoy evitou a quebra e o rescate de España.
Os 29 vídeos restantes iranse colgando
diariamente na web desde hoxe ata o final da campaña, e neles abordaranse temas
como a unidade nacional, a creación de emprego, a reforma sanitaria, as
pensións, os mozos ou a violencia de xénero.
Este é o enlace de acceso ao primeiro video.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Este é o enlace de acceso ao primeiro video.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta