Continúa a campaña informativa do Partido Popular, "30 días, 30 respostas" para contestar a cuestións formuladas polos cidadáns sobre a xestión do Goberno de Mariano Rajoy.
Hoxe a pregunta formulada é:
¿Que pasou realmente cos desafiuzamentos durante este Goberno?
Este é o enlace de acceso ao vídeo:
¿Que pasou realmente cos desafiuzamentos durante este Goberno?
Este é o enlace de acceso ao vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=vU94sxua74M
Lembrar que o Goberno de Mariano Rajoy aprobou tres normas dirixidas a paliar a situación de
desamparo na que poderían quedar algunhas familias afectadas por execucións
hipotecarias derivadas de impagos de créditos ou préstamos garantidos con
hipoteca:
- Real
Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores
hipotecarios sen recursos.
- Real
Decreto-lei 27/2012, de 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a
protección aos debedores hipotecarios.
- Real
Decreto-Lei 1/2015, de 27 de febreiro, de mecanismo de segunda oportunidade,
redución de carga hipotecaria e outras medidas de orde social.
Todas
estas normas tiveron o seu impacto en Galicia, como no resto do Estado,
posibilitando unha saída a moitas familias que se atopaban en situación de
especial necesidade:
- Establece
un código de boas prácticas: Contempla para situación de especial
vulnerabilidade a reestruturación viable da débeda e incluso unha quita da
débeda voluntaria pola entidade e posibilita a dación en pago.
- Crea o Fondo Social de Vivendas
- Suspende
ata 2017 os lanzamentos das vivendas habituais de colectivos especialmente
vulnerables.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta