Acudo onte a Radio Ourense da Cadena Ser para participar no programa “La
Ventana”, que se emite de luns a venres entre as 19:20 e as 19:40, co resúmen
das noticias da xornada ademais de entrevistas e temas de máxima actualidade.
Neste caso, o xornalista Álvaro Rodriguez convidoume do mesmo xeito que
a ex-deputada socialista Laura Seara a participar nunha entrevista-debate sobre o balance da presente
lexislatura.
Resumindo a miña intervención dixen era imprescindible lembrar que tras
as eleccións xerais, o Goberno de Rajoy atopouse cun monumental déficit encuberto
nas contas públicas; os ingresos fiscais derrubados, e cun risco certo de
quebra e coa ameaza do rescate. Por outra parte o país estaba en recesión é as
cifras de paro rexistrado a finais de decembro de 2011 eran moi elevadas: en Ourense 28.217 persoas, en Galicia 258.324 e no
conxunto de España 4.422.359.
Dixen que tivemos que tomar decisións difíciles e mesmo impopulares para
frear esa sangría e evitar a intervención. Tratábase de asegurar que os pensionistas
cobraran as pensións, pagar as prestacións dos parados, e manter a sanidade e a
educación públicas e, en definitiva, o propio Estado do Benestar.
E dixen que afortunadamente, catro anos despois, España está en
crecemento e créase empresgo.
Lembrei que o paro na provincia de Ourense a finais de outubro de 2015 totaliza
24.233 parados rexistrados. E que a 31 de decembro de 2011- último mes de Zapatero – había en Ourense 28.217 parados rexistrados. Significa esto que
na presente lexislatura – ata o 31 de outubro- o paro rexistrado na nosa
provincia baixou en 3.984 persoas.
Tamén falei de que pese a crise
vivida en España, nos últimos anos a provincia de Ourense estivo nos primeiros
lugares de investimento no que atinxe aos Orzamentos Xerais do Estado,
especialmente polas obras de alta velocidade.
Dixen que os orzamentos do Estado dedicados
nesta Lexislatura a provincia de Ourense acadaron 2.562,90 M€ , o que representa
una media anual de 641 M€, cando na lexislatura anterior a media anual foi de
361 M€.
E citei como os
principais investimentos os da liña de AVE Lubian-Ourense na
que na nosa provincia foron investidos 2.347,23 M€. A nova EDAR Ourense: 52,00 M€, a Biblioteca-Arquivo:
13,30 M€, e o Abastecemento de auga a Ourense: 26,50 M€.
Finalmente Álvaro
Rodriguez preguntounos sobre o peor e o mellor momento da Lexislatura.
A miña
resposta sobre o máis difícil foi o ano 2012 no que a pesar das medidas de
choque adoptadas para frear a sangría do paro, non o cosneguiamos. E os mellores momentos
dixen que son aqueles cando se coñecen bos datos de crecemento económico e
emprego. Por exemplo o máis recente o da EPA do III Trimestre de 2015 que acreditou en Ourense un descenso do
número de parados de 4.200 persoas en relación co trimestre anterior.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta