viernes, 6 de noviembre de 2015

Importantes crecementos no transporte ferroviario de viaxeiros en Galicia

Onte recibimos a visita en Ourense da Ministra de Fomento, Ana Pastor que na súa intervención entre outras mensaxes referiuse ao transporte ferroviario de viaxeiros en Galicia prestado por RENFE, do que dixo segue evolucionando á alza.

Así en 2014 subíronse ao tren para os seus desprazamentos cara a ou desde Galicia 7.250.000 viaxeiros, 200.000 máis que en 2013.

A relación ferroviaria entre Madrid e Galicia creceu un 150% con respecto a 2011 (ao pasar de 388.200 a 971.000 viaxeiros).

E achegou o dato de que este ano 2015 está a ser aínda mellor, xa que de xaneiro a outubro contabilizáronse 6.629.000 viaxeiros, un 8,3% máis (510.00 viaxeiros máis) que nos 10 primeiros meses do ano pasado (e un 12,5% máis que no mesmo período de 2011).

 Un crecemento que ten que ver co establecemento nesta Lexislatura dos novos servizos diurnos Alvia e Intercity. En concreto estos servizos Alvia constituen xa a oferta favorita dos galegos nos seus desprazamentos cara o sur.

Polo que respecta á provincia de Ourense deu o dato de que o número de viaxeiros rexistrou un incremento do 10,3% en 2014, pechando o exercicio con máis de 796.000 viaxeiros.

E que no acumulado dos 10 primeiros meses deste ano, os servizos comerciais xa suman 692.000 viaxeiros, un 5,6% máis (36.400 viaxeiros máis) que de xaneiro a outubro do ano pasado.

Ana Pastor referíndose ao Eixo Atlántico resaltou que desde que entrou en servizo o pasado mes de abril (ata o 4 de novembro), 1.700.000 viaxeiros utilizaron xa os servizos rápidos e de proximidade do Corredor Atlántico (chegando algúns días a 8.900 viaxeiros), atraídos polo aforro de tempo e a excelente relación calidade-prezo do billete.

Unha viaxe entre Santiago e Vigo que se fai en 50 minutos; a conexión entre A Coruña e Vigo, en 80 minutos; e a ligazón entre Vigo e Pontevedra, nun cuarto de hora.

Tamén se referiu ao corredor Ourense-Santiago-Coruña, que tamén se está vendo beneficiado: os viaxeiros incrementáronse un 8,8%, pasando dos 328.600 do acumulado de xaneiro a outubro do ano pasado, a 357.600 viaxeiros no mesmo período deste ano. Sen dúbida un excelente comportamento dos servizos Avant.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta