Asisto hoxe ás 12 horas convocado polo Presidente do
Congreso dos Deputados, Jesús Posada, ao minuto de silencio na escalinata da Carreira de San
Jerónimo, como mostra de condolencias e de condena polos atentados de París do
13 de novembro.
En representación de Francia estaba o seu embaixador en Madrid,
Yves Saint-Geours.
Había presenza de deputados da maioría dos Grupo
Pârlamentarios, especialmente dos dous maioritarios, así como de funcionarios e
traballadores do Congreso.
Relacionado co anterior, resalto as palabras pronunciadas onte en Turquia do presidente do Goberno Mariano Rajoy: Ningún país é inmune ás poutadas do terror. Por esta razón a primeira obrigación dun goberno responsable é extremar a protección dos seus cidadáns fronte a todo tipo de riscos e ameazas".
A Seguridade Nacional - que é unha política de Estado - busca dar resposta de forma efectiva e integral aos diferentes riscos e ameazas que nos afectan: conflitos armados, terrorismo, ciberamenazas, crime organizado, inestabilidade económica e financeira,¡.
E tamén a vulnerabilidade enerxética, a proliferación de armas de destrución masiva, espionaxe, emerxencias e catástrofes, fluxos migratorios irregulares, vulnerabilidade do espazo marítimo e vulnerabilidade das infraestruturas críticas e os servizos esenciais, entre outros.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta