Acudín pola mañá á Catedral para
asistir á Santa Misa, presidida polo bispo da Diócese, D. Leonardo Lemos, na
que o alcalde Jesús Vázquez realizou a ofrenda, de gran contido social, na que houbo referencias ás familias, aos
maiores, aos mozos desempregados, aos refuxiados e vítimas de países en guerra
en todo o mundo. Tamén ás persecucións aos irmáns sirios ou caldeos, tamén
católicos e doutras familias cristiás, así como ao pobo musulmán ou xudeu, a
mans das interpretacións radicais e extremas.
Despois asistín no Teatro
Principal de Ourense ao acto de entrega
do Premio Ourensania 2015 que recibiu Mariluz Barreiros, filla de Eduardo
Barreiros, promotora e presidenta da Fundación "Eduardo Barreiros",
entidade dedicada á perpetuación da memoria do impulsor da industria do
automóbil na España de mediados do século XX.
Pola súa banda, o presidente da
Deputación, Manuel Baltar destacou no discurso falou de "territorio,
poboación e identidade", características do pobo ourensán, que
personificou na figura dos afiadores, orixinarios na súa maioría de Nogueira de
Ramuín, "berce dun dos nosos sinais de identidade", unhas
características coas que tamén definiu a Mariluz Barreiros, a quen deu os
parabéns polo premio e a quen definiu como "embaixadora de Ourense polo
mundo, cunha especial querencia por esa Ribeira Sacra para a que estamos traballando
pola súa catalogación como Patrimonio Mundial pola UNESCO".
Baltar afirmou que o xurado do
Premio Ourensanía "acertou plenamente distinguindo a Mariluz Barreiros nun
ano de moita importancia para Ourense no eido da empresa e do emprendemento,
porque se cumpren 50 anos de vida do Polígono Empresarial de San Cibrao das
Viñas, verdadeiro pulmón económico da provincia e a gran concentración
industrial de Galicia, con máis de 8.000 traballadores e máis de 320 empresas.
Un polígono onde ivo tanto que ver o gran Eduardo Barreiros". Asemade,
cualificou a Mariluz Barreiros como unha muller "decidida, valente e con
personalidade definida", que conseguiu manter por medio da Fundación
Eduardo Barreiros a memoria viva dun dos persoeiros máis importantes da España
e da Europa do século XX".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta