Como todos os cidadáns de ben, estou impactado pola barbarie
terrorista que onte azoutou aos parisienses.
Súmome á condena efectuada polo Partido Popular, e comparto as
palabras do noso presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que esta mañá nunha
declaración expresaba a súa consternación e profundo pesar pola cadea de
atentados perpetrados onte en París que causaron un enorme número de vítimas
mortais e feridos.
Unha declaración na que Rajoy lembraba que España e Francia son
países veciños, amigos e aliados; e que no marco desa profunda relación e da
defensa duns valores democráticos compartidos, colaboramos intensamente na
loita contra o terrorismo.
Ratificando que pode contar coa amizade e a
cooperación do Estado español na súa loita contra os autores destes bárbaros
atentados e os seus cómplices.
Hoxe somos todos Francia.
Hoxe somos todos Francia.
Achego o enlace de acceso á declaración do presidente Rajoy.
Déclaration:
Après les attaques à Paris, le président François Hollande s'est exprimé à l'issue du Conseil de défense ce matin.
Après les attaques à Paris, le président François Hollande s'est exprimé à l'issue du Conseil de défense ce matin.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta