A alcaldesa, Gloria Fernández Merayo abriu o acto e demandou tolerancia cero contra os maltratadores. "Hoxe dicimos non ao sufrimento das mulleres, das súas familias e de todas as persoas que rodean ás vítimas", afirmou, lembrando ás mulleres que sofren os malos tratos que "non están soas".
Logo falou a vicepresidenta do Consello Municipal das Mulleres, Ana López, que leu un manifesto. E ao finalizar tivo lugar unha ofrenda de caraveis en memoria das 56 asasinadas ao longo deste ano por violencia de xénero.
Finalizado o acto, mantiven unha reunión de traballo coa alcaldesa na que abordamos cuestións relacionadas coa mobilidade dos cidadáns e as infraestruturas de transporte de viaxeiros e mercancías.
Así repasamos a situación dos proxectos da autovia A-76 que avanzan na súa redacción e tamén das novas oportunidades que a chegada da alta velocidade a León, teñen que achegar a valdeorreses e bercianos, o que implica o establecemento de servizos ferroviarios adecuados.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta