Hoxe tivo lugar presentación ante os medios de comunicación das candidaturas do Partido Popular para as próximas Eleccións Xerais pola provincia de Ourense, que encabeza Miguel Ángel Viso Diéguez ao Congreso, e Edelmira Barreira ao Senado.
Un acto no que ademais deles interveu o presidente provincial José Manuel Baltar.
Miri Barreira, non só expresou o seu orgullo por participar na candidatura popular senón que tamén exerceu de ourensá lembrando que “en Ourense nacín, crecín e aquí teño o meu fogar”.
Grazas ao Partido Popular, subliñou a candidata ao Senado, pasamos dunha época de incertezas a unha etapa de mellores perspectivas, onde “tras o máis difícil vén agora o máis decisivo, como seguir avanzando na recuperación para crear máis emprego, axudar a máis empresas e conseguir que o benestar chegue a máis fogares”.
En Ourense, engadiu, “temos moitas fortalezas para iso, como a industria agroalimentaria, as iniciativas emprendedoras con base tecnolóxica ou unha gran oferta cultural”. O obxectivo, sinalou, é impulsar o cambio sen retrocesos nin revolucións, “por iso estas eleccións son moi importantes e estou segura de que os cidadáns saberán ver que esta é a candidatura das oportunidades para Ourense”.
Miguel Ángel Viso, agradeceu a invitación para participar neste proxecto “con ilusión e orgullo, nunha candidatura da que salientou a mestura entre renovación -na súa persoa e na de Belén Gómez- e a experiencia de Celso Delgado e Ana Belén Vázquez”, para os que tivo palabras de recoñecemento polo labor feito nestes catro anos.
Lembrou tamén Miguel Ángel Viso as fortalezas da provincia, insistindo no sector agrario -onde exerceu o seu labor profesional- como unha das potencialidades de Ourense, pero citando tamén o termalismo, a riqueza natural e cultural ou o turismo. O cabeza de lista ao Congreso puxo a énfase tamén no AVE, como un dos proxectos de futuro e fundamentais para Ourense e Galicia “como así o demostrou o Partido Popular e a ministra de Fomento, Ana Pastor”.
Manuel
Baltar, afirmou que “estas son as candidaturas gañadoras do
20 de decembro”. Baltar fixou como obxectivo volver a estar entre as primeiras
provincias de España en apoio ao PP, tal e como aconteceu nos comicios locais
de maio que situaron a Ourense no terceiro posto entre provincias.
Baltar dixo
sentirse honrado “cunhas listas integradas por 18 nomes, titulares e suplentes,
que o darán todo por Ourense”. Senllas candidaturas, engadiu, “onde temos
xente con experiencia, pero tamén xente experta en tratar e xestionar cuestións
públicas, como un relevante membro da Vicepresidencia do Goberno e outra persoa
que preside a segunda denominación máis antiga de España”, en referencia a
Edelmira Barreira e Miguel Ángel Viso, respectivamente.
Sobre a campaña,
Manuel Baltar advertiu que o PP non sae a competir con ninguén, “se non a
traballar por esta terra e ter aos mellores representantes nas dúas Cámaras”.
Os ourensáns, lembrou, confiaron fai catro anos no PP de Ourense e pasouse da
recesión máis absoluta á recuperación e credibilidade internacional.
Agora,
apuntou, “dirémoslle aos ourensáns o que imos facer no próximos catro anos, con
persoas que non só cren en Ourense senón tamén en España, con propostas
baseadas no contacto continuo coa xente de todos os puntos da provincia e co
aval dos feitos e dun presidente que soubo poñernos no camiño da recuperación”.
Este e o acceso a un video de Telemiño sobre o acto:
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Este e o acceso a un video de Telemiño sobre o acto:
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta