miércoles, 23 de diciembre de 2015

Apoiamos a Mariano Rajoy na procura dun gran acordo para un Goberno estable que dea certidumbres

Por vontade dos electores expresada o pasado domingo nas urnas, o Partido Popular gañou claramente as eleccións e, por tanto, correspóndelle o mandato democrático de tentar formar Goberno. 

En consecuencia o Presidente Rajoy vai liderar as conversacións para forxar un Goberno estable que responda a ese mandato das urnas. 

É certo que os españois, co seu voto, elixiron un Congreso con moitas forzas políticas distintas, con posicións diversas en moitas materias. Pero ese voto da inmensa maioría dos españois optou por forzas políticas que coincidimos no fundamental: a elas ofreceralles Rajoy alcanzar un gran acordo para un Goberno estable. 

COINCIDIMOS NA DEFENSA DA ESPAÑA CONSTITUCIONAL; EUROPEA; E QUE LOITA UNIDA CONTRA O TERRORISMO.

Os españois votaron maioritariamente a partidos que están de acordo nos grandes eixos que vertebran a nosa convivencia democrática: 

A unidade de España. Compartimos a defensa da soberanía nacional, o imperio da lei e a igualdade de todos os españois, vivan onde vivan. Compartimos a defensa da España constitucional e os valores da Transición. 

A posición de España en Europa e no mundo. Compartimos a defensa dunha España europea, que cumpre os seus compromisos e mantén os seus obxectivos a favor da prosperidade de todos os españois.

A loita contra o terrorismo. Compartimos, grazas aos pactos contra o terrorismo que asinamos, a necesidade de loitar unidos contra a secuela do terror. E compartimos afrontar en España esa loita contra o terror con toda a forza do Estado de Dereito, e de facelo no mundo co apoio mutuo dos nosos aliados.

MARIANO RAJOY OFRECERÁ UN AMPLO ACORDO PARA UN GOBERNO ESTABLE QUE DEA CERTIDUMBRES, DENTRO E FÓRA DE ESPAÑA 

A fragmentación política non debe traducirse en incertezas. É responsabilidade dos políticos saber xestionar, con responsabilidade e sentido de Estado, a vontade dos españois.

Mariano Rajoy vai liderar un proceso de diálogo, con amplitude de miras e coa vista posta no interese xeral, para formar un Goberno estable que dea certidumbres aos españois. 

O presidente Rajoy propón ás forzas políticas dar certidumbre sobre tres grandes asuntos de Estado: 

Certidumbre sobre o rumbo institucional: para que as reformas institucionais que se emprendan conten cun consenso moi amplo e dean plena garantía de que respectarán sempre a unidade de España, a soberanía nacional e a igualdade de todos os españois. 

Certidumbre sobre o rumbo económico e social: para ofrecer aos españois unha senda segura e compartida de consolidación do crecemento económico, de garantía dos dereitos sociais e de avances na prosperidade e na igualdade.

Certidumbre sobre a posición de España na UE: para asegurar aos españois e aos europeos que España vai seguir avanzando económica e socialmente, que España seguirá respectando os compromisos que asumimos coa UE en todas as materias.

ESPAÑA NON DEBE CAER NA PARÁLISIS, O BLOQUEO OU A INACCIÓN 

España non pode permitirse un período de indefinición política que dea ao traste cos avances que, grazas ao esforzo de todos os españois, conseguimos. Non debemos caer na parálisis, o bloqueo ou a inacción. 

O presidente Rajoy vai liderar o diálogo e as conversacións para procurar que chegue a bo termo a formación dun goberno estable, que dea certidumbres sobre as grandes cuestións de Estado nas que a inmensa maioría dos españois, e dos representantes políticos dos españois, estamos de acordo. 

O Comité Executivo Nacional deu onte o seu respaldo unánime ao Presidente nesta difícil tarefa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta