Continuando coa campaña informativa do partido Popular: "30 Días, 30 Respostas", hoxe respóndense a dúas preguntas.
¿Baixaron os impostos con Mariano Rajoy?
A velocidade de recuperación da nosa economía permitiu
adiantar a baixada de impostos prevista para xaneiro do 2016 a xullo de 2015.
20 millóns de contribuíntes están a gozar dunha redución media do 23,5% do irpf
durante este ano.
¿Ten España
agora máis recoñecemento internacional que antes?
Nesta lexislatura con Mariano Rajoy recuperamos o prestixio
internacional perdido durante o goberno do PSOE de 2007 a 2011. España volve
ter credibilidade na UE e o resto do mundo.
Grazas aos esforzos dos españois hoxe somos a cuarta economía da zona euro e a décimo cuarta do mundo. O proxecto do PP está á cabeza de Europa. Somos un partido europeísta que considera que a unión é a resposta aos grandes retos da globalización. Por iso, seguiremos reformando e modernizando a UE como espazo de liberdade, prosperidade compartida, emprego, solidariedade e oportunidades.
https://www.youtube.com/watch?v=PmbmxbetoH8
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta