Celebramos
onte no auditorio municipal de Ourense o acto conmemorativo do XXXVII aniversario
da aprobación da Constitución Española de 1978.
Unha
celebración que tivo o seu acto central no Congreso dos
Deputados, onde o presidente do Goberno asegurou que a Constitución "goza dunha saúde moi
boa" e supuxo "poñer de acordo a moitísimos españois", nun
momento no que "se apostou pola concordia, o diálogo e a tolerancia e
díxose, 'imos deixar de mirar ao pasado e miremos cara ao futuro'".
A
Constitución, engadiu , "tróuxonos liberdade, democracia, a garantía dos
nosos dereitos individuais e das nosas liberdades e afirmou a unidade da nación
española e a soberanía nacional".
Todo
iso, destacou Mariano Rajoy, permitiunos "entrar en Europa e no euro"
e "coincidiu co momento de maior progreso da historia de España".
Hoxe, "temos que seguir traballando para mellorar, pero estamos á cabeza
dos países de Europa e do mundo".
No
acto de Ourense o subdelegado do Goberno en Roberto Castro, nun brillante
discurso, defendeu a vixencia da Carta Magna e lembrou que "fomos exemplo
para moitos, fóra das nosas fronteiras, e seguimos a selo, polo noso admirable
proceso de transición".
Preguntouse "¿por qué algúns renegan do que
tanto lle custou acadar a tantos, que tiveron que antepoñer o interese de todos
ao seu propio e lexítimo interese?", á vez que destacou que España é o
país "que amamos e do que formamos parte", sin que esto menoscabe
"a nosa paixón e pertenza a Galicia, a Ourense ou ao recuncho onde tivemos
a sorte de nacer cada un de nós, cada unha de nós, xa sexa aquí ou en calquera
parte do Estado".
Neste acto foron entregados os premios do XXXII Concurso
da Constitución. Nesta ocasión os traballos de de os alumnos de Infantil e
Primaria versaban en torno ao título tres, capítulo primeiro, "Das Cámaras"
Tamén foron entregadas distincións ao mérito civil a Demetrio Martínez, Teresa Ramos, Pablo Medela, Francisco Rodríguez Vale, José Miranda Balvís e Fernando Santos Ferrer.
E tres distincións especiais que recaeron na congregación de Adoratrices de Ourense, no médico Andrés Villalón e na funcionaria do Estado, María Isabel González.
Destacar a estupenda actuación da Banda xuvenil da Escola de Música de Barbadás.
Tamén foron entregadas distincións ao mérito civil a Demetrio Martínez, Teresa Ramos, Pablo Medela, Francisco Rodríguez Vale, José Miranda Balvís e Fernando Santos Ferrer.
E tres distincións especiais que recaeron na congregación de Adoratrices de Ourense, no médico Andrés Villalón e na funcionaria do Estado, María Isabel González.
Destacar a estupenda actuación da Banda xuvenil da Escola de Música de Barbadás.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta