Como moitos españois, o pasado día 24 seguín por televisión
a Mensaxe de Nadal da Súa Maxestade o Rei Felipe VI .
Un discurso pronunciado dende o Palacio Real, onde a Coroa
celebra actos de Estado que é un símbolo da nosa Historia e que está aberto a todos os cidadáns.
Deste magnífico discurso resalto estos párrafos:
“Creo sinceramente que hoxe vivimos tempos nos que é máis
necesario que nunca recoñecernos en todo o que nos une. É necesario poñer en
valor o que construímos xuntos ao longo dos anos con moitos e grandes
sacrificios, tamén con xenerosidade e enorme entrega. É necesario enxalzar todo
o que somos, o que nos fai ser e sentirnos españois”
“No meu discurso de proclamación manifestei que na España
constitucional caben todos os sentimentos e sensibilidades, caben as distintas
formas de sentirse español; de ser e de sentirse parte dunha mesma comunidade
política e social, dunha mesma realidade histórica, actual e de futuro, como a
que representa a nosa nación. “
“ E é, tamén, un grande Estado, cuxa solidez se basea hoxe
nuns mesmos valores constitucionais que compartimos e nunhas regras comúns de
convivencia que nos demos e que nos unen; un Estado que recoñece a nosa
diversidade no autogoberno das nosas nacionalidades e rexións; e que ten no
respecto á vontade democrática de todos os españois, expresada a través da Lei,
o fundamento da nosa vida en liberdade".
“Porque agora, o que nos debe importar a todos, ante todo, é
España e o interese xeral dos españois”
“A pluralidade política, expresada nas urnas, achega sen
dúbida sensibilidades, visións e perspectivas diferentes; e leva consigo unha
forma de exercer a política baseada no diálogo, a concertación e o compromiso,
coa finalidade de tomar as mellores decisións que resolvan os problemas dos
cidadáns. España comeza unha nova lexislatura que require todos os esforzos,
todas as enerxías, todas as vontades das nosas institucións democráticas, para
asegurar e consolidar o conseguido ao longo das últimas décadas e adecuar o
noso progreso político á realidade da sociedade española de hoxe”.
“Tampouco debemos esquecer que a ruptura da Lei, a
imposición dunha idea ou dun proxecto duns sobre a vontade dos demais españois,
só nos conduciu na nosa Historia á decadencia, ao empobrecemento e ao
illamento. Ese é un erro do noso pasado que non debemos volver cometer. O noso
camiño é xa, de xeito irrenunciable, o do entendemento, a convivencia e a
concordia en democracia e liberdade. Por iso, respectar a nosa orde
constitucional é defender a convivencia democrática aprobada por todo o pobo
español; é defender os dereitos e liberdades de todos os cidadáns; é tamén
defender a nosa diversidade cultural e territorial.”
“Por iso, esta noite quero reiterar unha mensaxe de
serenidade, de tranquilidade e confianza na unidade e continuidade de España;
unha mensaxe de seguridade na primacía e a defensa da nosa Constitución. “
“Por outro lado, a mellora da economía é unha prioridade
para todos. Creo que todas as institucións temos un deber coa cidadanía, coas
familias e especialmente cos máis novos, para que poidan recuperar o que nunca
se debe perder: a tranquilidade e a estabilidade coas que afrontar o futuro e a
ilusión por un proxecto de vida cara ao mañá.”
“Todos sentimos a
indignación e o horror ante os atentados que custaron a vida a compatriotas
nosos, ante os crimes de París e doutros lugares do mundo, que son auténticos
ataques ao noso modelo de convivencia e aos máis elementais valores humanos. E
todos nos conmovemos ante o drama dos refuxiados que chegan ás nosas fronteiras
fuxindo da guerra, ou o dos emigrantes angustiados e acosados pola pobreza.
Ante estes desafíos, e outros moitos como o da loita contra o cambio climático,
é necesario que a voz de España se faga oír na Unión Europea e nas institucións
internacionais en todo aquilo que afecta as nosas conviccións e os nosos
intereses vitais.”
“Debemos desterrar os enfrontamentos e os rancores; e
substituír o egoísmo pola xenerosidade, o pesimismo pola esperanza, o desamparo
pola solidariedade. Teñamos fe e creamos no noso país. España ten unha
resistencia á adversidade, unha capacidade de superación e unha forza interior
moito maior do que ás veces pensamos. A fortaleza de España está en nós mesmos;
está na nosa coraxe, no noso carácter e no noso talento.”
Recibirá resposta