Onte a campaña electoral levoume á primeira hora da mañá ao concello de Paderne de Allariz e alí en compañía do alcalde José Manuel Fernandez e dun grupo de simpatizantes e militantes percorremos o pobo de Rioseco, onde se celebraba ademais unha feira, cos correspondentes postos de mercadillo e polbo.
Logo regresei a Ourense para participar pola tarde en dous mitines en compañía de Pepe Araujo e de Jesús Vazquez, alcalde e concelleiro de Ourense.
O primeiro deles no barrio de Covadonga, onde fomos presentados por Maria Antonia Rilo. Tamén estivo a conselleira Ethel Vázquez.
Nas miñas intervencións valorei a solvencia de Mariano Rajoy e a súa experiencia que nos dá seguridade a todos: Mentres uns afunden todo o que tocan, e outros pretenden ser presidentes cando nin sequera teñen media hora de xestión ás súas costas, con Rajoy os españois contan cun líder que lles asegura emprego, unha sanidade e unha educación de calidade, pensións que soben cada ano, unhas infraestruturas cada vez mellores, uns servizos públicos de primeira e un futuro no que o mellor está por chegar.
Dixen que os nosos valores son os da maioría: Fronte ás propostas radicais duns e as ocorrencias doutros, o PP pon en valor os trazos positivos da sensatez e moderación que definen ao pobo español. E que temos un proxecto de futuro para todos que aposta por seguir crecendo e creando emprego con estabilidade e benestar.
Afirmei que defendemos unha España unida: Votar a Mariano Rajoy asegura a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade dos españois e o cumprimento da lei e da Constitución. O que é de todos, seguirémolo decidindo entre todos. Porque abanderamos unha idea inclusiva de país: Ninguén ha de sentirse alleo ao noso proxecto. A maioría de españois coinciden nas mesmas aspiracións: emprego, unidade e benestar para todos. Se somos un gran país, é grazas á responsabilidade, o talento e o sentido común dos españois.
Porque non podemos parar agora: Logramos moito, escapamos da crise e do rescate grazas á seriedade e as reformas, e creamos un millón de empregos nos dous últimos anos, máis que ninguén en Europa. Pero aínda queda moito por facer.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta