En A Teixeira |
Esta mañá viaxamos
os candidatos do Partido Popular de Ourense, ao Congreso e Senado ata o pequeno concello de A Teixeira, onde en compañía do alcalde Miguel Cid Álvarez e doutros veciños, procedemos á
lectura dun decálogo en defensa dos pequenos concellos, que o noso Partido
difunde con ocasión das próximas eleccións xerais.
DECÁLOGO EN DEFENSA DOS PEQUENOS CONCELLOS ESPAÑOIS
Os nosos
municipios, os nosos pobos, forman parte de nós, das nosas vidas, da nosa
historia. O peche dos seus concellos sería o inicio da súa desaparición.
1. O meu concello non
se pecha porque os pequenos municipios son a administración máis saneada. A débeda da
administración local segue baixando de forma ininterrompida desde fai catro
anos e hoxe a metade dos municipios de menos de 5.000 habitantes, non ten débeda.
2. O meu pobo non se
pecha porque é quen mellor está a cumprir os obxectivos de estabilidade e quen
está tirando do carro da recuperación económica. Por iso, 9 de
cada 10 concellos de España pechan os seus exercicios con superávit
orzamentario e crean economías de escala que abaratan o custo dos servizos a
través das Deputacións Provinciais, institucións que coa reforma realizada son
agora máis eficaces e próximas.
3. O meu concello non
se pecha porque forma parte da paixón pola nosa terra, as súas paisaxes, a súa
cultura, a súa historia, a súa xente. O mundo rural é parte da nosa maneira de
ser e de entender o que é ser español. Porque España sen os seus pobos non sería
España.
4. O meu concello non
se pecha porque os pequenos municipios son a administración que menos nos custa, grazas a que a
maior parte dos/as seus/súas alcaldes/esas e concelleiros/as non perciben soldo.
5. O
meu concello non se pecha porque é quen garante e mellor presta servizos
públicos que son esenciais para os cidadáns. Se eliminamos os nosos
concellos os servizos básicos dos nosos veciños serán prestados desde a
distancia e o descoñecemento.
6. O meu concello non
se pecha porque os pequenos municipios son elementos fundamentais de
vertebración territorial. E non hai razón para cuestionar a administración que
mellor articula o Estado, e a máis antiga.
7. O meu concello non
se pecha porque para os seus veciños, o concello é a primeira administración, e
a máis próxima.
Para moitos españois a única administración que presta de maneira directa
servizos públicos esenciais é o seu concello.
8. O meu concello non
se pecha porque é a mellor manifestación da democracia. Non hai maior
proximidade entre o elector e o seu representante elixido nas urnas, que a que
existe nun concello.
En Celanova |
10. O meu concello non
se pecha porque os pequenos municipios son esenciais para combater o
despoboamento do medio rural. Son imprescindibles para que os nosos
pobos e a súa poboación non envellezan, para que os seus mozos non se vexan
obrigados a buscarse o seu futuro lonxe deles, nas cidades.
Finalizado o acto da Teixeira, desprazámonos a Celanova, e alí en compañía do alcalde José Luis Ferro Iglesias e concelleiros, percorremos as rúas desta fermosa e monumental Vila, nun día de feira, o que nos permitiu saudar a moitos dos seus veciños.
Recibirá resposta
Finalizado o acto da Teixeira, desprazámonos a Celanova, e alí en compañía do alcalde José Luis Ferro Iglesias e concelleiros, percorremos as rúas desta fermosa e monumental Vila, nun día de feira, o que nos permitiu saudar a moitos dos seus veciños.
Recibirá resposta