sábado, 5 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: Facendo campaña en Maceda e Ourense

Onte foi o noso primeiro día de campaña e dedicamos a mañá a esta tarefa nas rúas de Maceda, acompañados polo seu alcalde Rubén Quintas. Era día de feira e a Vila  tiña un gran ambiente, pois eran moitas as persoas vindas das parroquias ou de concellos veciños. 

Houbo pués ocasión de falar con moitos veciños de Maceda e das súas  Parroquias como Asadur,Castro de Escuadro , Foncuberta  Tioira, etc.

Pola tarde fixemos tamén unha percorrido polas rúas do Casco Vello de Ourense e ata Mariñamansa, saudando a veciños e entrando en diferentes locais de negocio. 

E terminamos a xornada cun mitín no barrio das Lagoas, no local da asociación de veciños Porto Lanuxe. 

Interviñeron Miguel Abad, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o conselleiro de sanidade, o baionés Jesús Vázquez Almuiña, eu mesmo e o secretario xeral do PP de G, Alfonso Rueda.

Comecei a miña alocución, reflexionado sobre o lema da nosa campaña "España en serio", poñendo en valor a importancia que ten para unha nación o dispoñer dun goberno sólido e experimentado cando se trata de afrontar os grandes desafíos internacionais e europeos, e tamén aqueloutros dentro do noso territorio como o dos que en Cataluña pretenden a independencia, sen respetar a Constitución e as leis.

Reafirmei o meu compromiso con Galicia e con Ourense e situei o obxectivo de crear emprego e de máis calidade como o máis importante de todos, ademais de manter o crecemento económico como base para manter o noso sistema de benestar social: pensións, axudas sociais, sanidade, educación, etc.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta