Onte no ecuador da campaña, o PP de Ourense, intensificou os actos
elctorais con celebración de sendos mitins nas localidades de Allariz e de Laza
Na Vila alaricana abbriu o acto a presidenta local Luz Doporto que deu paso
ao número uno da lista ao Congreso, Miguel Ángel Viso, que fixo unha chamada ao
proxecto das persoas que representa o Partido Popular. “Temos un aval, temos
equipo, programa, ganas de traballar e por iso saímos a gañar estas
eleccións“
Todo o contrario que outros partidos
“como os socialistas, que fían os seus resultados á boa imaxe que proxecte o
seu candidato no debate do luns fronte a Mariano Rajoy“.
Tamén inteveu o conselleiro de educación e cultura, o lalinense Román
Rodriguez.
E pechou o mitin o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, dicindo
que “chegou o momento do cambio en Allariz e de sumarse a un proxecto común“. O
PP, engadiu, “é un partido das persoas, de todos os pobos, e non un coto
nacionalista cada vez máis illado“. Allariz, engadiu, “non é só unha vila;
detrás hai un municipio con máis de oitenta núcleos de poboación que tamén
teñen as súas necesidades“.
E despois viaxamos ata ao concello de Laza onde nun ateigado salón de actos
participamos nun mitin presentado dun modo diferente e moderno polo presidente
local e alcalde José Ramón Barreal , que falou deste Concello totalmente
saneado, o máis seguro de España, e que fai una aposta decidida polo Turismo de natureza como por exemplo
co futuro parque multiaventura integrado na natureza. Resaltou que o progreso
do Concello ven dado polas as colaboracións constantes coas diferentes
administracións, pensando sempre no benestar e na dinamización do municipio.
Un alcalde comprometido co impulso á xente moza do municipio e coa atención
especial aos maiores.
Falou tamén a cabeza de lista ao Senado, Miri Barreira, quen advertiu que “todo
isto, con todo, non é suficiente; por iso imos seguir traballando como fixemos
ata agora porque aínda queda moito por facer“. Non só imos gañar estas
eleccións, dixo, “senón que imos apontoar a estabilidade, o crecemento e o
emprego“.
Barreira destacou que non só houbo un plan para saír da crise. “Agora
-subliñou- levamos novas ideas como quitar o pago do IRPF durante o primeiro
ano a quen teña o seu primeiro emprego, eliminalo para quen decida seguir
traballando ao chegar á idade de xubilación, duplicar a tarifa praza da
cotización á Seguridade Social para os autónomos ou unha moratoria do pago do
IRPF durante dous anos para os parados de longa duración que abran un negocio“.
Neste mitin estivo presente a conselleira de Medio Rural Anxeles Vázquez.
Manuel Baltar defendeu con contundencia a política social do Partido
Popular, “que non só cínguese ás pensións, que o PP blindou para que non se
volvan a conxelar como fixo de modo arbitrario o PSOE“, senón que tamén
aumentamos un 20 % o orzamento destinado á familia e a infancia, mellorado o
tratamento fiscal ás familias, as axudas aos desempregados, o bono social de
enerxía eléctrica ou a moratoria de débedas hipotecarias“.
Pola miña parte, dixen que nas eleccións do 20 de decembro nos
xogamos que a economía española siga crecendo, e que pedimos o voto
que asegure máis estabilidade e máis seguridade para o futuro do país. Tamén puse en valor a defensa da Constitución de da igualdade de todos ante a lei con independencia do lugar onde vivamos, e valorei a necesidade de que teñamos un goberno forte que defenda os dereitos e loite contra o terrorismo
Dixen que os feitos nos demostran que o camiño que se tomou polo Goberno de
Rajoy foi o correcto: o paro en Ourense baixou en 3.000 persoas nesta
Lexislatura pero aínda queda moito por facer para dar traballo e
porvir aos ourensans, especialmente aos novos e para asegurar o estado do benestar.
Falou tamén a cabeza de lista ao Senado, Miri Barreira, quen advertiu que “todo isto, con todo, non é suficiente; por iso imos seguir traballando como fixemos ata agora porque aínda queda moito por facer“. Non só imos gañar estas eleccións, dixo, “senón que imos apontoar a estabilidade, o crecemento e o emprego“.