viernes, 18 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: mitin de peche de campaña en Ourense

Hoxe ante máis dun milleiro de persoas celebramos no pavillón de Os Remedios, o mitin de peche de campaña, no que participaron alcalde, Jesús Vázquez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, a candidata ao Senado, Miri Barreira, e polo cabeza de lista ao Congreso, Miguel Ángel Viso.

Correspondeu a intervención principal ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que animou aos electores para "votar polo presidente ao que máis lle preocupa Galicia" e non polos candidatos que "só saen pola televisión".

Destacou o coñecemento que Mariano Rajoy ten da nosa Comunidade, contrapoñéndoo  ao desinterese outras formacións como Podemos e Cidadáns pola realidade galega. Respecto deste último partido, criticou o que ocultar aos seus candidatos e  non contar con proxectos concretos para Galicia no seu programa electoral.

Lembrou que durante os seus gobernos, o Partido Socialista foi incapaz de acabar coas autovías e co AVE, resaltou que estas obras tiveron que esperar a Gobernos populares para o seu impulso definitivo.

Afirmou  que o PSOE está no seu peor momento e o BNG están excedido polas mareas de Podemos. E engadiu que a única maneira de contrarrestar o voto extremista é mobilizar á xente do PP de Galicia.

Lembrou que nas eleccións 2011 máis do 50% dos votos da provincia de Ourense foron para Mariano Rajoy e o PP. "Por qué agora non imos conseguilo se fai catro anos pediámolo para proxectos e agora para certezas?", dixo.

Feijóo, reclamou unha gran mobilización para contrarrestar aos “radicais, os extremistas, os antitodo e os contra todo, que superaron a PSOE e BNG", e pediu o vota levar á Moncloa ao único candidato galego.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta