viernes, 11 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: " O compromiso do PP con apoio ao termalismo"

A xornada de campaña do PP de Ourense de onte comezou cun encontro sectorial que sobre termalismo no balneario de Laias no que participaron representantes do sector na provincia, do ámbito empresarial e alcaldes de concellos termais.

Abriu o acto a nosa candidata ao Senado, Miri Barreira e o primeiro candidatio ao Congreso, Miguel Viso.

Logo tomou a palabra a Manuel Baltar, que subliñou que “ Ourense ten ambición e ten futuro e que as eleccións xerais serán unha oportunidade para dicirlle aos ourensáns que estamos dispostos a loitar por iso, porque cremos en Ourense”.

Ourense e provincia “ten inmensas posibilidades por explotar e a chegada do AVE en 2018 brindaranos a mellor oportunidade para situarnos no ámbito turístico”.

O termalismo, asegurou, “é a chave do noso sector, pero Ourense ten moitas máis razóns turísticas para atraer a visitantes. Así, citou a gastronomía,o enoturismo, o  románico “máis importante de España”, a estación de montaña de Manzaneda ou a posibilidade de que a Unesco nomee á Ribeira Sacra como patrimonio mundial.

Xa centrado no termalismo, Manuel Baltar lembrou ante a secretaria de Estado de Turismo a feira internacional de termalismo, a próxima apertura de novos establecementos como o de Partovia, no Carballiño, ou o forte posicionamento da provincia no ámbito deportivo, lembrando as seleccións internacionais que escolleron o balneario de Laias para a súa preparación ou a Volta Ciclista a España, que en 2016 partirá precisamente deste balneario.


Logo foi o turno da secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego que manifestou que Ourense é pioneiro e líder en turismo.

Explicou os resultados obtidos co plan nacional de turismo posto en marcha nesta lexislatura. En 2015, dixo, visitáronnos 68 millóns de turistas internacionais, un 4 % máis que en 2014, cun crecemento do gasto medio por persoa por encima do 7 % e creando o dobre de emprego que outros sectores.

Sinalou o obxectivo de poñer en valor todos os produtos que ten España e un deles é o turismo de saúde, do que non somos líderes, pero é unha das nosas fortalezas e temos todo para selo”, sinalou a secretaria de Estado de Turismo, que convidou a todos os presentes a expor as súas propostas de promoción e creación de produto para integrar na próxima lexislatura.

Isabel Borrego, que tamén situou a Ourense como un posible destino para o programa senior europeo, fixo unha chamada á colaboración público-privada que permita fixar unhas liñas de traballo a medio e longo prazo, felicitando neste sentido á Deputación polo seu plan termal, do que dixo “é un exemplo desa cooperación”.

Pola tarde en compañía do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez  e do voceiro do PP de G, Miguel Tellado, os candidatos estivemos visitando o barrio ourensán de A Carballeira. Tendo a oportunidade de visitar duas asociación de vecinos e tamén diferentes locais de negocio, además de facer campaña nas rúas.

E rematei a xornada en Santa Cruz de Arrabaldo, xa que nun coñecido restarurante celebrouse a Cea de Nadal do PP do Distrito de A Ponte, no que confaternizamos co seu presidente Pepe Araujo, con Maria Antonia Rilo e un numeroso grupo de afiliados e simpatizantes, pronunciando ao remate unhas palabras.


Dixen que o PP é un proxecto sólido de Goberno ante partidos persoa nos que non se atopa nada se se profunda neles.

Resaltei a diferenza que hai entre falar e gobernar, xa que isto último require de moito máis que palabras.

Lembrei que o Partido Popular é un equipo con acreditada capacidade de xestión e é un goberno que acadou resultados tomando decisións que só buscaban xirar a situación en beneficio da xente, aportando así a solidez necesaria para gobernar.

E que dende a entrada no Goberno dos populares recuperouse o futuro, a economía crece e volve a crearse emprego, quedando atrás o rescate grazas ao esforzo dos españois.

Pese a que se cometeron erros, tamén houbo acertos lembrando que custou moito chegar ata onde agora estamos. Por este motivo, non debemos desperdiciar o esforzo da xente tirando por terra o conseguido e pedin o voto para poder seguir apostando por Galicia, Ourense e España. 

Dixen que non está o traballo rematado nin o estará namentres haxa persoas sen atopar emprego, as familias non poidan chegar máis desafogadas a fin de mes ou non haxa igualdade de oportunidades entre todos os españois.
 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta