Onte finalizou o escrutinio dos votos dos españois que residen
permanentemente no estranxeiro e que están inscritos no Censo de Residentes
Ausentes no Estranxeiro (CERA).
O reconto do voto emigrante da provincia de Ourense culminou onte na Xunta
Electoral Provincial ourensán cos seguintes resultados.
Do total de censados que eran 97.809 votaron ao Congreso 2.030 e ao Senado
2.031, un pobre 2,075 %.
Lembrar que solicitaran exercer ese dereito 4.474 ourensáns, pero
só os mencionados antes chegaron a tempo.
Gañou as eleccións o PP que obtivo 944 votos (46,5%), o PSOE 428 (21 %), En
Marea 268 (13,2), Cidadáns 154(7,8 %) e Nos 83 votos (4%).
No Senado, Miri Barreira obtivo 901 votos, Carmen Leyte 889, Francisco
Fernández 874 e Luís García Mañá 436.
Sumados estes resultados do voto exterior, os seis partidos que obtiveron
máis votos foron:
- PARTIDO POPULAR: 86.673
- PSOE: 44.726
- EN MAREA: 34.316
- CIUDADANOS: 15.174
- NOS: 6.455
- PACMA: 1.406
Recibirá resposta