Onte o presidente do
Partido Popular e candidato á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou
unha ampla batería de rebaixas fiscais nunha acto celebrado en Santa Cruz de
Tenerfie.
Para os mozos: cando
atopen o seu primeiro emprego non pagarán o imposto sobre a renda o primeiro
ano.
Para os maiores: Quen queira e poidan seguir
traballando máis aló da idade de xubilación tampouco pagarán en IRPF.
Para os autónomos: Verán duplicada a duración
da tarifa plana de cotización á Seguridade Social e, ademais, poderán elixir ao
xubilarse se queren que compute toda a súa vida laboral ou só os últimos 18
meses de actividade.
Para os parados de longa
duración: Os que abran un negocio non terán que pagar o IRPF durante dous anos.
Para os provedores:
Endureceranse as penalizacións para as grandes empresas que non cumpran cos
seus prazos de pago e teranse en conta os eventuais atrasos á hora de contratar
coas administracións públicas.
Estas medidas súmanse ás
anunciadas xa polo presidente:
Para todos os contribuíntes: Rebaixarase en
dous puntos os tramos do IRPF. O tramo superior baixará do 45% ao 43% e o
inferior do 19% ao 17%.
Para os novos traballadores indefinidos:
Ampliaranse os beneficios do mínimo exento de contratación de 500 euros nos
novos contratos e nos que se convertan de temporais a indefinidos. O obxectivo
é que sexa máis barato contratar a un indefinido que a un temporal.
Para as familias: Ampliaremos os cheques
familiares con especial atención ás familias numerosas e con discapacitados.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta