A campaña electoral de onte coezou cun almorzo informativo en Ourense no
que O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo presentou ao cabeza de lista ao
Congreso por esa provincia, Miguel Ángel Viso.
Alí, Feijóo indicou que hai candidatos aos que os galegos lles sobramos
e, por iso, o presidente pediulles que se tomen esta terra en serio xa que
algúns prefiren vivir na televisión a estar en Galicia porque saben que aquí
van ter moitos menos votos que no resto do Estado.
Durante o seu discurso, fixo referencia a aqueles políticos
que se opoñen a que se concreten os prazos para que o AVE chegue a Galicia
porque, segundo din, non sae rendible. Así, o dirixente apuntou que para eles é
un gran despilfarro rematar o AVE porque isto lles daría moi poucos votos en
relación aos millóns de euros que, se algún día lles tocase gobernar, terían
que investir.
Ademais, asegurou que aos galegos o que nos sobra é a
soberbia de quen pensa que todos os problemas se poden resolver da noite á
mañá, mentres que os populares sacaban adiante esta terra nos momentos máis
duros.
Segundo afirmou, desde o minuto cero tiveron claro que o obxectivo era que o PP se parecese a Galicia e que o partido tiña que ser a ferramenta para acadar unha comunidade máis cohesionada, axudando a unila desde a humildade.
Deste xeito, Feijóo apuntou que nunca deron leccións, pero tampouco están
dispostos a admitilas nin daqueles aos que nada lles interesa Galicia, nin dos
interesados que se apropian dela, en referencia aos nacionalistas.
“Nada hai máis galego que respectar a opinión dos galegos”, dixo Feijóo
destacando que formamos un país plural, que elixe os seus representantes sen
imposicións e recordando que foron os galegos os que quixeron que o Partido
Popular fose o máis votado en todas as eleccións xerais desde 1982, do mesmo
xeito que agora tamén son eles os queren que o nacionalismo non teña
representación no próximo Congreso dos Deputados, tal e como apuntan todas as
enquisas.
Na súa intervención, Feijóo comentou que hai quen pensa que os logros que
conseguiron os populares xurdiron da nada, e mesmo quen pretende destruílos a
golpe de boutade. Por isto, para o dirixente do PPdeG é tan necesario ter
persoas como Miguel Ángel Viso, que decidiu dar o paso de entrar en política
con ilusión, con conviccións e que se move por un compromiso coa
sociedade.
Nese senso salientou que a maior familia que ten un político son os seus representados e que, no caso de Viso, ten a cabeza no país porque sempre tivo os pés na terra.
Finalizado este acto, viaxei ao Carballiño que celebraba a súa feira e alí na carpa do noso Partido acompañei ao presidente local Argimiro Marnotes e aos nosos concelleiros, militantes e simpatizantes nos labores de repartición de publicidade electoral.
Pola tarde estiven na carpa do PP na rúa do paseo de Ourense e terminei a
xornada participando no mitin do barrio de O Couto, onde interveu Aurelio Gómez
Villar, Valeriano Martinez, conselleiro de Facenda e Jesús Vazquez, alcalde de
Ourense.
A miña mensaxe centrouse en dous apartados, primeiro fixen un balance
da acción de Goberno do PP nesta lexislatura, con especial referencia a Galicia
e a Ourense.
Logo expliquei que o proxecto popular se nuclea ao redor dun
programa de goberno e a un líder con experiencia, Mariano Rajoy que demostrou
que está comprometido con esta terra: é a certeza de que aquí se investirá o
necesario para poñernos en igualdade de oportunidades co resto dos españois.
Un candidato que coñece e lle importa Galicia: non hai que explicarlle
que aquí hai un sector naval que quere traballo; da importancia que ten para
nós o sector primario, tanto o gandeiro como o pesqueiro; que precisamos de
recursos para atender aos nosos maiores en condicións; ou que aquí o AVE é
fundamental para poder crecer.
Finalmente pedí o voto para o Partido Popular o vindeiro domingo porque só
queremos debernos á xente, o noso socio de goberno son os españois, a quen nos
debemos é aos españois e ante quen renderemos contas é ante os españois.
Recibirá resposta