Onte, no penúltimo día da campaña,
comecei a xornada visitando os arredores da Praza de Abastos nº 1 de Ourense para
facer repartición de propaganda electoral e solicitar o voto aos
cidadáns.
Algo que logo continuei na rúa do Paseo,
acompañando aos nosos militantes e simpatizantes na carpa alí instalada.
Pola tarde acudín ao barrio de A Ponte
para participar nun mitin que foi presentado polo concelleiro Pepe
Araujo e no que tamén participou o alcalde da cidade Jesús Vázquez.
Comecei a miña intervención, dando as grazas
aos asistentes polo seu apoio e proximidade en tantas eleccións anteriores e
tamén lles ofrecín desculpas por todo aquilo da nosa acción de goberno que non
estivo acertado e pola conduta inapropiada e nalgún caso delituosa dalgunhas
persoas do noso partido que a todos avergoñáronnos e aos que apartamos da nosa
formación.
Logo fixen un balance da acción do Goberno
de Mariano Rajoy destacando o gran esforzo por abordar os problemas enormes que
padecía España: recesión económica, paro masivo, falta de crédito, ameaza de
rescate, descrédito internacional. Pedíronse sacrificios aos españois e
ao mesmo tempo emprendéronse importantes reformas como a laboral (orientada á
creación de emprego), a do sistema financeiro (para salvar os depósitos de
centenares de miles de aforradores e os postos de traballo de miles de
empregados), a das administracións públicas, a do sistema de pensións (para
asegurar a súa sustentabilidade e garantir que xamais poidan ser conxeladas) e
un longo etcétera.
Afirmei o compromiso de Rajoy con Galicia nesta Lexislatura xa que recibiu entre 2012 e
2015 un total de 5.753 millóns de investimento do Estado, o que representa case
o 13% do total rexionalizado, destacando o do ministerio que dirixe Ana Pastor,
que está a servir para garantir as infraestruturas de vertebración territorial
que durante anos reclamamos por ser de xustiza para a nosa Comunidade. Neste
sentido destaqué o investimento na alta velocidade a Galicia, que supuso contar
nos PGE con 2.600 millóns de orzamentos na nosa provincia.
Rematei destacando que
estabilidade, emprego, crecemento e confianza son os eixos que poñen de
manifesto o éxito do esforzo realizado polos españois.
E que reverter as
reformas e desfacer o camiño andado supoñen os principais riscos.Aspirarmos a
axudar a crear máis de medio millón de empregos e chegar a uns vinte millóns de
ocupados no 2020.
A tarefa non está
completa, pero gracias o feito hoxe estamos en condicións excelentes para
afrontala.
Finalizada a miña
intervención despraceime a Xinzo de Limia, para participar no gran mitin que no
Pavillón de deportes se celebraba, e no que interveu o concelleiro e candidato
suplente ao Senado, Manuel López Casas, Antonio Pérez, alcalde desta Vila, Miguel
Viso e Manuel Baltar.
Este
mitin puxo o punto final ao percorrido electoral popular por todos os pobos e vilas da provincia.
Hoxe venres, o PP celebrará ás oito da tarde o seu mitin central
de peche na cidade, no anexo do pavillón dos Remedios, coa intervención do
presidente popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde, Jesús Vázquez,
e os numeros un ao Congreso e Senado.
Recibirá resposta
Recibirá resposta