Esta mañá o presidente provincial do Partido
Popular de Ourense, Manuel Baltar, presentou a campaña electoral para os
comicios do 20 de decembro.
Subliñou que o PP ourensán aspira a reeditar os
resultados obtidos nas xerais do 2011, é dicir, tres de catro deputados e
tres de catro senadores. “Presentámonos coa convicción de que somos o único
partido que vai gañar as eleccións -engadiu- e se conseguimos ao redor de 45 %
dos votos sería posible manter ese terceiro escano e seguir sendo unha das
provincias de España con apoio porcentual ao PP, como así fomos nas municipais
ou nas europeas”.
Para manter o actual 75 % de representantes, o
Partido Popular levará cabo unha campaña en positivo, explicou o presidente
provincial, “escoitando moito, con moito traballo e o día 21 pensando xa nas
eleccións autonómicas de 2016, pois a política faise día a día e non só en
campaña”.
Durante a súa comparecencia, Manuel Baltar deu a
coñecer os principais datos da campaña popular, que se resumen así:
- 45.000 euros de orzamento, que se investirán na
organización de actos, aluguer de locais, publicidade, trípticos e
merchandising.
- 280 actos de campaña.
- Preto de 270.000 envíos de cartas aos ourensáns.
- Distribución de 300.000 papeletas ao Congreso e
outras tantas ao Senado.
- Ao redor de 14.400 elementos de publicidade
exterior (carteis, bandeirolas).
- 934 interventores e 1.176 apoderados.
O presidente provincial tamén se referiu ao apoio
que recibirán por parte de líderes nacionais, citando a visitas da ministra de
Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez; a secretaria de Estado de Turismo,
Isabel Borrego; e Juan Vicente Herrera, presidente do PP de Castela-León, sen
descartar a posible visita da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de
Santamaría.
En clave autonómica, o presidente do PP de Galicia,
Alberto Núñez Feijóo estará en cinco ocasiones na provincia e en cada xornada
viaxarán ata Ourense unha media de tres conselleiros.
Recibirá resposta
Recibirá resposta